| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

Conto-5

This version was saved 15 years, 2 months ago View current version     Page history
Saved by María DT
on February 15, 2009 at 8:27:57 pm
 

 

 

 

1.Non ía de negro senón cun vestido estampado azul e branco e levaba sobre os ombros un chal da color da prata vella, como prolongación dos cabelos. Fíxome sinal de stop desde a sombra da marquesina e, cando me detiven, asomou con resolución pola xanela do auto uns ollos de curuxa con gafas de cuncha.

 ¿E logo irá para Vigo, ou non?

 Preguntouno coma se realmente non houbese outro sitio a onde poder ir. Gracias, neniño, déchesme a vida, dixo despois de acomodarse no asento e retocar o pelo coas mans. Na radio daban os sinais horarios das cinco da tarde e logo soou a sintonía do informativo. Allea ó son intruso que se interpuña entre os dous, explicou de seguida que perdera o coche de liña e que tiña vez no médico. A esta idade non che temos máis que achaques, neniño, ser vello éche unha desgracia. En Galicia, dicía o locutor, hai aproximadamente un millón de vacas. Que va, señora, díxenlle eu por cortesía, non diga iso. Parvadas, dixo ela, pensan que somos parvos, ¡un millón de vacas!, pasan o día dicindo parvadas. Apaguei a radio e virouse cara a min con rostro satisfeito. Nada do que din é certo, neniño, nada do que din é certo.

 

 

2.Decidín non contrariala, pois ensináranme a non dicir nada que puidese molestar a outras persoas. Eu ía deica Vigo, por unha razón, que nin eu entendía.

-Neniño, E ti a que vas a Vigo?-preguntoume ela-.

Se lle contara a causa pola que ía pensaría que estaba tolo. A verdadeira razón, non tiña nin pes nin cabeza. A noite anterior, tivera un soño, que parecera real. Nel, atopábame nun fermoso xardín, e, o meu lado, sentada nun banco mármore, estaba unha fermosa moza, cun sorriso cegador.

-Non te asustes, Pablo.Chámome Íris, son a gardiá de Galicia.-tranquilizárame.

Eu, desconcertado, preguntáralle:

-Que queres de min?

Ela, ollárame con aquel mirar abraiante, e contestárame enigmaticamente:

-Ti tes unha importante misión que cumprir, polas tradicións da nosa terra, Galicia. Vai ata Vigo, alí, escoita o que che dicte o teu corazón, e sabrás o que debes facer...

O día seguinte, sen saber ben o que facer, puxérame de camiño a o lugar indicado, e alí me atopaba...

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.