| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

REFLEXIÓNS SOBRE A ESCRITA

Page history last edited by María DT 14 years, 7 months ago

 

 

"O meu primeiro libro foi a memoria da miña nai"

 

 

 

"Cando outros escritores  se preguntan sobre a orixe da súa condición de escritor, a maioría dos meus compañeiros falan de lecturas ou de autores que escribían literatura de aventuras. En cambio eu asocio máis a aprendizaxe literaria con escoitar relatos.

Na miña infancia recordo que ía moito á casa deste avó que che contei que estivo a piques de ser fusilado na guerra e as visitas a esa casa, a pesar de estar a só 15 quilómetros da Coruña, era como ir a outra dimensión. Aí reuníanse pola noite, sempre á beira do lume, a familia e os veciños, e aos nenos mandábannos á cama. Pero recordo que había unha escaleira que tiña os tabiques de madeira, que era como un embude que conducía aos dormitorios e o que eu facía cando me mandaban á cama era quedarme sentado nun chanzo oculto polas cabras que estaban na planta baixa, xunto ao lume. E o que contaban os maiores non eran historias de lendas, bruxas, fadas ou dos enaniños do bosque -como moita xente pensa-, senón que contaban historias de crimes, luxuria, de amores, de aventuras e de viaxes, porque case todo o mundo emigrara ou se foi nun barco ou traballaba como mariñeiro. Estaban todos os xéneros literarios modernos contadas nesa conversación á calor do lume. Era un momento no que vías, polo menos pénsoo agora, o artificio literario no seu esplendor e como todo o mundo aceptaba que aquilo era como o lume: algo que saía da madeira para crear unha nova realidade. E iso eu escoitábao como un clandestino, por iso creo que sempre asocio a idea de escribir como un acto de clandestinidade.

 

O primeiro que teño conciencia de escribir son poemas, pero se podería dicir que dunha forma un pouco cómica porque o meu padriño, un familiar que se chama Xose Couseiro, que era un home que traballaba de viaxante de especies -azafrán, canela e todo iso- que levaba por toda Galicia e que foi o que me dixo unha gran verdade literaria -posiblemente a primeira-: que é que "un quilo de azafrán vale máis que un quilo de ouro". Iso, sen ser consciente entón, foi unha lección literaria: non hai que quedar coas medidas convencionais. Pero ademais el tiña unha máquina de escribir moi pequeniña que era para facer as contas e que un día  me deixou escribir mentres iamos viaxando, pero eu, en lugar de escribir contas e números, púxenme a escribir poesía porque me parecía que nunha máquina tan pequeniña era máis difícil acabar o folio e pensei que era mellor para o verso.

 

Pero realmente creo que empecei a escribir poesía porque me gustaba moito. A pesar de que eu non coñecía moita literatura -na miña casa non había libros-; a miña nai si coñecía de memoria poemas de Rosalía de Castro. Así que o meu primeiro libro foi a memoria da miña nai e os meus primeiros contos tamén teñen que ver cos relatos da miña nai, que me gustaban moito porque falaban da muller, da rebelión e dos problemas da vida nun ton que era como a canción do pobo. Esas poesías románticas de Rosalía de Castro o pobo adoptounas como propias, de feito ata a data cántanse moitos deses poemas sen que a xente saiba que son de Rosalía de Castro.

Todo iso fíxome sentir unha idea de Galicia, pensar que se este pobo  se encarnase nunha persoa sería nunha muller; e no canto de pai fundador ou heroe militar o que temos é unha nai que se identifica coa terra, con esa idea mítica da terra nai que se encarnou na nosa heroína que o que deixou foron unicamente poemas. Pero si, os meus primeiros libros de poesía eran sobre todo aquilo, nos que eu intentei imitar naquela máquina pequeniña do meu padriño ese canto popular do pobo.

 

                                                                                                                                                         Manuel Rivas

 

 

 

 

 

Como escribo

 

Escribo a man e fago moitas, moitas correccións. Diría que tacho máis do que escribo. Teño que buscar cada palabra cando falo, e experimento a mesma dificultade cando escribo. Despois fago unha cantidade de adicións, interpolacións, cunha caligrafía diminuta.

Gustaríame traballar todos os días. Pero á mañá invento todo tipo de escusas para non traballar: teño que saír, facer algunha compra, comprar os xornais. Polo xeral, arránxomas para desperdiciar a mañá, así que remato escribindo de tarde. Son un escritor diúrno, pero como desperdicio a mañá, convertinme nun escritor vespertino. Podería escribir de noite, pero cando o fago non durmo. Así que trato de evitalo.

Sempre teño unha cantidade de proxectos. Teño unha lista de ao redor de vinte libros que me gustaría escribir, pero despois chega o momento de decidir que vou escribir ese libro.

Cando escribo un libro que é pura invención, sinto un anhelo de escribir dun modo que trate directamente a vida cotiá, as miñas actividades e ideas. Nese momento, o libro que me gustaría escribir non é o que estou a escribir. Por outra parte, cando estou a escribir algo moi autobiográfico, ligado ás particularidades da vida cotiá, o meu desexo vai en dirección oposta. O libro convértese nun de invención, sen relación aparente comigo mesmo e, tal vez por esa mesma razón, máis sinceiro.

                                                                                                                                                                                          Italo Calvino

 

 

  • A escritura de ficción é un acto hipnótico.

«A escritura de ficción é un acto hipnótico.Un trata de hipnotizar ao lector para que non pense senón no conto que ti lle estas contando e iso require unha enorme cantidade de cravos, parafusos e bisagras para que non esperte. Iso é o que chamo a carpintaría, é dicir é a técnica de contar, a técnica de escribir ou a técnica de facer unha película. Unha cousa é a inspiración, outra cousa é o argumento, pero como contar ese argumento e convertelo nunha verdade literaria que realmente atrape o lector, iso sen a carpintaría non se pode.»

                                                                                                                                                                       

                                                                                                                                                                                Gabriel García Márquez

 

 

 

 

Tengo que reconocer que amo el papel, la pluma o el bolígrafo, el acto de pasar las hojas de un libro, el acto de abrirlo, cerrarlo o reflexionar con él en la mano si voy en tren, en autobús o en avión. Amo el olor a tinta impresa, el olor del papel y me aferro como un loco a ese objeto maravilloso llamado libro.

Pero, aunque muy listo no seré pero tonto tampoco, yo escribo para conocerme mejor y para que me conozcan los demás. Yo escribo para compartir la palabra literaria con todos aquellos y aquellas que tengan las mismas inquietudes (o parecidas, claro), los mismos deseos de gozar con los versos, las mismas inclinaciones hacia la poesía.

                                                                                                                                                                                         Antonio García Teijeiro 

 

 

                             Decálogo (máis dous) para escritores novos.

 

 

 

 Primeiro. Cando teñas algo que dicir,  dio; cando non, tamén. Escribe sempre.

Segundo. Non escribas nunca para os teus contemporáneos, nin moito menos, como fan tantos, para os teus antepasados. Faino para a posteridade, na cal sen dúbida serás famoso, pois é ben sabido que a posteridade sempre fai xustiza.

Terceiro. En ningunha circunstancia esquezas o célebre dictum: "En literatura non hai nada escrito".

Cuarto. O que poidas dicir con cen palabras dio con cen palabras; o que cunha, cunha. Non empregues nunca o termo medio; así, xamais escribas nada con cincuenta palabras.

Quinto. Aínda que non o pareza, escribir é unha arte; ser escritor é ser un artista, como o artista do trapecio, ou o loitador por antonomasia, que é o que loita coa linguaxe; para esta loita exercítate de día e de noite.

 

Sexto. Aproveita todas as desvantaxes, como o insomnio, a prisión, ou a pobreza; o primeiro fixo a Baudelaire, a segunda a Pellico e a terceira a todos os teus amigos escritores; evita pois, durmir como Homero, a vida tranquila dun Byron, ou gañar tanto como Bloy.

Sétimo. Non persigas o éxito. O éxito rematou con Cervantes, tan bo novelista ata o Quixote. Aínda que o éxito é sempre inevitable, procúra un bo fracaso de cando en vez para que os teus amigos se entristezan.

Oitavo. Fórma un público intelixente, que se consegue máis entre os ricos e os poderosos. Deste xeito non che faltarán nin a comprensión nin o estímulo, que emana destas dúas únicas fontes.

Noveno. Cre en ti, pero non tanto; dúbida de ti, pero non tanto. Cando sintas dúbida, cre; cando creas, dubida. Nisto estriba a única verdadeira sabedoría que pode acompañar a un escritor.

Décimo. Trata de dicir as cousas de maneira que o lector senta sempre que no fondo é tanto ou máis intelixente que ti. De cando en vez procura que efectivamente o sexa; pero para lograr iso terás que ser máis intelixente ca el.

Undécimo. Non esquezas os sentimentos dos lectores. Polo xeral é o mellor que teñen; non como ti, que careces deles, pois doutro modo non intentarías meterte neste oficio.

Duodécimo. Outra vez o lector. Entre mellor escribas máis lectores terás; mentres lles deas obras cada vez máis refinadas, un número cada vez maior apetecerá as túas creacións; se escribes cousas para o montón nunca serás popular e ninguén tratará de tocarche oabrigo  na rúa, nin te sinalará co dedo no supermercado.

                                                                                                                                                                                                                                                     Augusto Monterroso

 

 

 

Por que escribir?

 

“Nacín para escribir. A palabra é o meu dominio sobre o mundo.

Tiven dende a infancia varias vocacións que me chamaban ardentemente. Unha das vocacións era escribir. E non sei por que, foi esta a que seguín. Tal vez porque para as outras vocacións necesitaría unha longa aprendizaxe, mentres que para escribir a aprendizaxe é a propia vida vivíndose en nós e o noso arredor.

 É que non sei estudar. E, para escribir, o único estudo é xustamente escribir. Adestreime dende os sete anos para ter un día a lingua no meu poder. E, non obstante cada vez que vou escribir, é coma se fose a primeira vez. Cada libro meu é unha estrea penosa e feliz. Esa capacidade de renovarme toda, a medida que o tempo pasa, é o que eu chamo vivir e escribir.”

                                                                                                                                                                                                Clarice Lispector

 

“Escribo porque me encanta que me pregunten por que escribo.

Escribo porque me aburro e porque se non escribise me aburriría moito máis.

Escribo porque escribir non serve absolutamente para nada e non obstante mentres escribo teño a absoluta seguridade de que serve absolutamente para todo.

Escribo porque absolutamente nada ten ningún sentido e non obstante mentres escribo absolutamente todo parece ter un sentido absoluto.

Escribo para ler mellor.”

                                                                                                                                                                                                                                                                            Javier Cercas

 

                                                          

 

 

 Mluzflores


"Escribo pola mesma razón que respiro: se non o fixese, morrería."

 

                                                                                 Isaac Asimov

 

 

"Eu creo que para non ter frío. Para espantar o frío e espantar a noite. "

                                                                                         Manuel Rivas.

 

"Escribo para que os meus amigos me queiran máis".

                                     Gabriel García Márquez.

 

 

                                                

 

   E ti, por que escribes?

 

 

 

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.