Pautas a ter en conta


PAUTAS A TER EN CONTA POLOS PARTICIPANTES:

 

Unha vez que recibo o conto debo:

·         Ler o que xa está escrito.

·         Continuar a historia. Para eso convén que elabore un esquema previo que responda a preguntas do tipo:

o   Quen conta a historia?

o   Quen é o protagonista?

o   Onde transcurre a acción?

o   Cando sucede?

o   En que persoa e tempo verbal está escrito o texto?

o  

Coa información obtida:

·         Engado rasgos físicos e de carácter aos personaxes que axuden a coñecelos mellor.

·         AmplÍo detalles do lugar e da época na que suceden os feitos.

·         Intercalo descricións, diálogos, enumeracións…

·         Plantexo algún enigma, novas situacións, resolvo conflictos…

o   A extensión do meu  escrito que incorporo ao conto é dun folio A4  escrito por unha soa cara con letra ARIAL 12 e interlineado de 1’5.

o   Recordo que debo respetar as marxes,  que serán  de 3 cm.

o   Debo ter en conta a sangría da liña así como a separación das ideas en parágrafos.

o   É preciso elaborar un borrador previo, relendo o escrito e modificando o que se crea oportuno, evitando repeticións innecesarias, palabras comodín… ata conseguir un texto  claro e coherente.

o   Suxiro un título para o conto. Ao finalizar a actividade, elixiremos o mais apropiado.

o   Enviarei o conto por correo electrónico a outro compañeiro/a e marcarei o seu nome na lista do grupo.

o   Simultáneamente tamén o enviarei ao seguinte enderezo: : contoscorreo@gmail.com

Indicando o meu nome a data na que recibín o conto e a data na que o envío o seguinte compañeiro.

Importante:

·         O conto podo retelo  un máximo de DEZ  días.

·         O meu compromiso á hora de escribir e enviar o conto. A actividade é voluntaria, pero dende o momento que participo,   responsabilízome a cumprir coas pautas establecidas.

·         Debo manter o anonimato dos nomes dos compañeiros que todavía non recibiron o conto, para que eles poidan sorprenderse igual ca min.

     

·          A través da wiki:   http://contoscompartidos.pbwiki.com/

 e do  blog Bibliomanía, da Biblioteca do IES DE sanxenxo, na sección de As nosas creación:

http://bibliomaniaasnosascreacions.blogspot.com/

 iremos aportando información e publicaranse os textos unha vez rematados.