PARTICIPANTES CONTO Nº 5
|
NOME
|
ENDEREZO DE CORREO
|
PROCEDENCIA
|
DATA DE RECIBO
|
DATA DE ENVÍO
|
4ºX
|
NAIARA GÓMEZ LESTÓN
|
...........@gmail.com
|
CEIP de Dorrón
|
5-marzo-2009
|
12- marzo-2007
|
3º X
|
ELENA PÉREZ LAMELAS
|
.........@gmail.com
|
CEIP de Dorrón
|
27-febreiro-2009
|
5-marzo-2009
|
1ºX
|
SARA MARTÍNEZ GARCÍA
|
.........@hotmail.com
|
CEIP de Portonovo
|
10-febreiro-2009
|
15-febreiro-2009
|
5ºX
|
LARA CRESPO POCEIRO
|
...........@telefonica.net
|
IES de Sanxenxo
|
12- marzo- 2009
|
22-marzo- 2009
|
2ºX
|
SARA NORAT LORES
|
............@hotmail.com
|
IES de Sanxenxo
|
15-febreiro-2009
|
27-febreiro-2009
|
6ºX
|
RICARDO RODIÑO BALBOA
|
............@gmail.com
|
IES de Sanxenxo
|
22-marzo-2009
|
11-abril-2009
|
PAUTAS PARA CONTINUAR O CONTO QUE RECIBO:
· Leo o que xa está escrito.
· Continúo a historia.( Panificación e borrador previos)
· Extensión: un folio A4 escrito por unha soa cara con letra ARIAL 12 e interlineado de 1’5 e marxes de 3 cm.
· Suxiro un título para o conto. (Ao final elixirase o mais apropiado)
PAUTAS PARA ENVIAR O CONTO UNHA VEZ REMATADA A MIÑA PARTE:
· Elixe un compañeiro da lista ao que queiras enviarlle o conto. Marca o seu nome na casilla da lista do grupo.
· Envía o conto ao enderezo electrónico do compañeiroa elexido/a.
· Envía tamén ao mesmo tempo o conto ao seguinte enderezo: contoscorreo@gmail.com
RECORDA:
· O tempo máximo dende que recibo o conto ata que o envío é de DEZ días.
· O teu compromiso á hora de escribir e enviar o conto cumprino os prazos establecidos.
· Debo manter o anonimato dos nomes dos compañeiros que todavía non recibiron o conto.
· Visita a wiki:http://contoscompartidos.pbwiki.com/ e o blog http://bibliomaniaasnosascreacions.blogspot.com/para seguir a evolución da actividade.
COMEZO DO CONTO Nº 5:
Non ía de negro senón cun vestido estampado azul e branco e levaba sobre os ombros un chal da color da prata vella, como prolongación dos cabelos. Fíxome sinal de stop desde a sombra da marquesina e, cando me detiven, asomou con resolución pola xanela do auto uns ollos de curuxa con gafas de cuncha.
¿E logo irá para Vigo, ou non?
Preguntouno coma se realmente non houbese outro sitio a onde poder ir. Gracias, neniño, déchesme a vida, dixo despois de acomodarse no asento e retocar o pelo coas mans. Na radio daban os sinais horarios das cinco da tarde e logo soou a sintonía do informativo. Allea ó son intruso que se interpuña entre os dous, explicou de seguida que perdera o coche de liña e que tiña vez no médico. A esta idade non che temos máis que achaques, neniño, ser vello éche unha desgracia. En Galicia, dicía o locutor, hai aproximadamente un millón de vacas. Que va, señora, díxenlle eu por cortesía, non diga iso. Parvadas, dixo ela, pensan que somos parvos, ¡un millón de vacas!, pasan o día dicindo parvadas. Apaguei a radio e virouse cara a min con rostro satisfeito. Nada do que din é certo, neniño, nada do que din é certo.
M. R.
AGORA CONTINÚA TI...
ENVIADO A:
1º SARA MARTÍNEZ GARCÍA. 10-febreiro-2009
2º. SARA NORAT. 15-febreiro-2009
3º. ELENA PÉREZ. 27 febreiro-2009
4º. NAIARA GÓMEZ LESTÓN. 5- marzo-2009
5º. LARA CRESPO POCEIRO. 12- marzo- 2009
6º. RICARDO RODIÑO BALBOA. 22- marzo-2009
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.