FrontPage


 

 CONTOS COMPARTIDOS

 

PRESENTACIÓN

 

A elaboración de contos compartidos pretende ser a presentación dunha técnica de uso educativo a través de internet, dirixida a facilitar a integración deste recurso na práctica docente, dende a base de plantexar o ensino- aprendizaxe  baixo un  punto de vista construtivista complementándoo con mecanismos que permitan incorporar técnicas de aprendizaxe cooperativa.

A creación escrita e o intercambio de textos orixinais   ten como finalidade última   crear  nos participantes a afección  pola escrita  e abrir o camiño que lles levará á  lectura.                                                                                                                     

Os contos compartidos nacen como unha actividade impulsada dende a Biblioteca, a modo de obradoiro e  como fase previa ao Certame Literario que nos últimos anos vense realizando entre os distintos centros do concello de Sanxenxo.  Os alumnos  participantes demostran cada ano un  interese que vai en aumento, que se manifesta non só na súa actitude, senón tamén na  calidade dos seus escritos.

A  necesidade de formación  fai que esta iniciativa  se poña en marcha. Súmase a ela o CEIP  de Portonovo, a quen lle damos a benvida.

 

      

 

    Creative Commons License

Esta obra publícase baixo unha licencia Creative Commons.