CONTOS COMPARTIDOS
PRESENTACIÓN
A elaboración de contos compartidos pretende ser a presentación dunha técnica de uso educativo a través de internet, dirixida a facilitar a integración deste recurso na práctica docente, dende a base de plantexar o ensino- aprendizaxe baixo un punto de vista construtivista complementándoo con mecanismos que permitan incorporar técnicas de aprendizaxe cooperativa.
A creación escrita e o intercambio de textos orixinais ten como finalidade última crear nos participantes a afección pola escrita e abrir o camiño que lles levará á lectura.
Os contos compartidos nacen como unha actividade impulsada dende a Biblioteca, a modo de obradoiro e como fase previa ao Certame Literario que nos últimos anos vense realizando entre os distintos centros do concello de Sanxenxo. Os alumnos participantes demostran cada ano un interese que vai en aumento, que se manifesta non só na súa actitude, senón tamén na calidade dos seus escritos.
A necesidade de formación fai que esta iniciativa se poña en marcha. Súmase a ela o CEIP de Portonovo, a quen lle damos a benvida.

Esta obra publícase baixo unha licencia Creative Commons.
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.