A duración prevista para a actividade é de tres meses, dende xaneiro a abril de 2009, previa a realización do V Certame Literario.
Fases:
Xaneiro:
· Inscrición en cada centro dos alumn@s participantes.
· Envío da relación para facer os grupos mixtos con rapaces dos distintos centros ao seguinte enderezo: contoscorreo@gmail.com (Cada grupo pode estar formado por seis membros.)
· Envío do comezo do conto, pautas a seguir e relación dos membros do grupo ao primeiro de cada equipo.
Febreiro e marzo:
· Realización da actividade polos rapaces. Deben adquirir o compromiso de escribir a súa parte nun prazo máximo de dez días e envíalo simultáneamente a:contoscorreo@gmail.come ao enderezo de correo electrónico do compañeir@ que elixan da lista.
· Extensión: 1 folio A4, letra Arial 12, interlineado 1´5, marxes de 3 cm.
Abril:
· LUNS 20: xuntanza para coñecerse, ademáis de agruparse por equipos para correxir cada conto tratando de darlle coherencia e unidade. (Lugar: Sede da Fundación de Caixa Galicia de Sanxenxo.)
Actuación do grupo ATropa de trapo. Contos da hora azul e obradoiro de expresión escrita.
Máis información: http://tropadetrapo.blogaliza.org/
· MÉRCORES 22: V CERTAME LITERARIO
NOTA: Ampliamos a duración da actividade ata final de curso para poder concluir a parte da revisión dos contos, reelaboración e ilustración dos mesmos, así como da súa publicación na wiki por parte do alumno-coordinador de cada grupo.