Conto-5


 

 

1.Non ía de negro senón cun vestido estampado azul e branco e levaba sobre os ombros un chal da color da prata vella, como prolongación dos cabelos. Fíxome sinal de stop desde a sombra da marquesina e, cando me detiven, asomou con resolución pola xanela do auto uns ollos de curuxa con gafas de cuncha.

 ¿E logo irá para Vigo, ou non?

 Preguntouno coma se realmente non houbese outro sitio a onde poder ir. Gracias, neniño, déchesme a vida, dixo despois de acomodarse no asento e retocar o pelo coas mans. Na radio daban os sinais horarios das cinco da tarde e logo soou a sintonía do informativo. Allea ó son intruso que se interpuña entre os dous, explicou de seguida que perdera o coche de liña e que tiña vez no médico. A esta idade non che temos máis que achaques, neniño, ser vello éche unha desgracia. En Galicia, dicía o locutor, hai aproximadamente un millón de vacas. Que va, señora, díxenlle eu por cortesía, non diga iso. Parvadas, dixo ela, pensan que somos parvos, ¡un millón de vacas!, pasan o día dicindo parvadas. Apaguei a radio e virouse cara a min con rostro satisfeito. Nada do que din é certo, neniño, nada do que din é certo.

 

 

2.Decidín non contrariala, pois ensináranme a non dicir nada que puidese molestar a outras persoas. Eu ía deica Vigo, por unha razón, que nin eu entendía.

-Neniño, E ti a que vas a Vigo?-preguntoume ela-.

Se lle contara a causa pola que ía pensaría que estaba tolo. A verdadeira razón, non tiña nin pes nin cabeza. A noite anterior, tivera un soño, que parecera real. Nel, atopábame nun fermoso xardín, e, o meu lado, sentada nun banco mármore, estaba unha fermosa moza, cun sorriso cegador.

-Non te asustes, Pablo.Chámome Íris, son a gardiá de Galicia.-tranquilizárame.

Eu, desconcertado, preguntáralle:

-Que queres de min?

Ela, ollárame con aquel mirar abraiante, e contestárame enigmaticamente:

-Ti tes unha importante misión que cumprir, polas tradicións da nosa terra, Galicia. Vai ata Vigo, alí, escoita o que che dicte o teu corazón, e sabrás o que debes facer...

O día seguinte, sen saber ben o que facer, puxérame de camiño a o lugar indicado, e alí me atopaba...

 

 

 

3. Coma por arte de maxia, dirixinme ao porto. Alí estaba un home bastante vello botándolle unha ollada ao xornal. -Sabes, rapaz? Seica din que non fondo do ría hai un tesouro e máis un antigo galeón . Eu rapaz, dígoche que ou único que hai alí abaixo é toda a porqueria que che poidas imaxinar, dende as botellas que botades vos cando ides de festa, ata algún coche.- Díxome moi convencido ou ancián.- Vostede cre? Ou mellor ai algunha cousa de interese común.- Inteiteille suxerir,pero pola cara que puxo...- Que interese común rapaz? Alí abaixo, non queda nin moza, xa ou levaron todo, vos lacazáns aqueles de Italia e máis vos que vivian hai tanto naquelas casiñas tan xeitosas, sabes?, as redondiñas e co tellado de palla, mira rapaz non me acorda coma lles chamában.- Ou home parecía moi amolado- Vos castrexos? Eles eran vos antigos poboadores de Galicia.- El, cun soriso asintiu.- Ai,! Cando eu era un mozo, iamos pescar coa chalana xoubiñas, habíaas a milleiros pero agora... xa non queda nada papámolas todas!- Ou home parecía feliz pero, na súa mirada apreciabase un ápice de incerteza, parece que pensase que cando xa non aia vida non mar nada terá sentido...

 

 

 

4. Entón eu díxenlle que polo de agora non se preocupase, que aínda había moitos peixes no mar: xurelos, sardiñas, fanecas, luras, rapantes…o home levantouse e marchou pero antes de irse díxome:

                                                                   

-   Galicia xa non é o que era.-rapaz.

 

De pronto empecei a sentir uns latexos moi fortes no peito, o meu cerebro dicíame que tiña que volver para casa, pero o meu corazón dicíame que seguira adiante. Cando ía andando pola rúa vin a unha señora que ía camiñando,  de pronto caeu ao chan e eu fun a axudala, ela preguntoume:

-¿Cal  é a cousa mais vella do mundo Pablo?

Eu  respondinlle:

-O tempo.

Pregunteille como sabia o meu nome. Ela díxome que o sabía porque a moza do soño que tivera foi mandada por ela. Eu medio perdido cos meus

pensamentos, pregúntolle:

-¿E ti, quen es?

-Eu son a gardiana de Galicia.-respondeume.

-¿E ti vasme dicir a miña misión? -Preguntei impaciente.

Ela quedouse pensativa,  miroume e logo díxome que para saber a miña misión unha adiviña debía resolver:

 

¿Que é, que é

que che da na cara

e non o ves?

 

Eu quedeime en branco, e aínda por riba esta adiviña sabíama que má contara meu  avó . Despois de dous minutos adiviñeina. Era o vento.

A gardiana díxome que o tempo e o vento son moi semellantes e que se as palabras as leva o vento a min o tempo para encontrar a miña misión íaseme  esgotando.

Outra vez empecei a sentir os latexos no peito, algo me dicía que ía ocorrer unha cousa moi importante, que coñecería a unha persoa que se atopaba na praia de Samil. Para saber que persoa era, eu tiña que fixarme en alguén que levase un sombreiro moi chamativo, esa persoa diríame a miña misión e como facela.

 

 

5.Fun correndo a praia de Samil e encontrei a un home cun sombreiro moi rechamante e pregunteille :

·         Perdoe ¿podería dicirme a misión ?

·         ¿De que me falas?-contestoume.

·         Ti non es o que me tiña que dicir a miña misión -Díxen eu.

·         ¿De que misión me falas? -Contestoume el.

·         Perdón, non eras ti o que buscaba -Contestoume el.

Non era ese home o que buscaba, pero despois vin a outro cun sombreiro aínda mais rechamante,  fun a xunto el correndo e pregunteille:

-Perdoa  ¿Es ti o que me tes que dicir a miña misión?

-Si, eu son ese mesmo -contestoume el.

-Antes de dicirche a túa misión, voume presentar. Eu chámome : D.J.Manuel Bugaio Varela, E ti ¿como te chamas?

-Eu chámome Pablo, e podes dicirme ¿Cal e a miña misión?

-Tes que ir a Ponte De Rande, alí xa te encontrarás cunhas persoas e agora dígoche o que tes que  facer,  vas alí e tes que tirarte da ponte pero os meus axudantes daranche un arnés , un traxe de bucear ...  Tíraste pola ponte e tes que buscar un tesouro, o tesouro do Capitán Biraollo. O seu cofre é xigantesco. Trátase dun baúl de madeira cunhas tiras de ouro de 9 kilates e dentro del hai moitas pinguiñas de ouro macizo,  pero o máis importante é que hai un diamante de 24 kilates.

Veña adiante coa túa  misión. Xa  podes ir a Ponte de Rande, xa nos veremos alí .

-¿Pero ti tamén vas?-dixen eu

-Pois claro, veña,  xa nos vemos dentro de nada e se eu non estou cando ti cheges,  pregúntalle a un home cunha barba moi longa.

chegei alí, había de todo: unha zodiac dentro da ría, material de buceo , material de investigación... .

-¿Agora que fago? -dixen eu .

-Pois colles o traxe de buzo e polo naquel baño portátil -Contestoume o home da longa barba.

-Vale-contesteille eu.

Cambieime no baño portátil, a verdade que aquel sitio  non cheiraba nada ben e tiven que cambiarme moi rápido. Fun  xunto ao home que me deu o traxe e díxome que puxera o arnés e que me tirara a ría. Tamén me dixo que cando estivera na auga me subira á zodia e alí un  compañeiro quitaríame o arnés e poríame unha bomba de osixeno e unha mascarilla.

 

 

6.

Dirixinme a barandela da ponte, o meu corpo estremecía, esta, era a primeira vez, que faría tal loucura. Tiña medo, moito medo, e pensei que se pechaba os ollos, sería todo moito máis fácil, pero non, todo o contrario, tan pronto os pechei, perdín o equilibrio, e caín da ponte, sen estar aínda o arnés ven asegurado, co que me estampei na auga, e afundinme nas profundidades,descubrindo, ó abrir os ollos, un novo mundo, un mundo fantástico, no que todo, para min era descoñecido. 

Imaxinádevos a miña impresión, por un momento, cheguei a pensar que estaba tolo, e que ó quedarme sen aire, comezara a delirar.

Intentei tranquilizarme para poder comprender, se o que estaba vendo era real ou imaxinario, os meus pés, non tocaban firme, era como andar sobre as nubes, e o meu corpo era moi lixeiro.

Ante min tiña algo nunca visto,unha chea de sendeiros dourados todos aliñados, que parecía que conducían a un punto indeterminado ó outro lado do val. Estaba cheo de vida, cun montón de seres extranos, que se movían habilmente dun lado a outro, todos estaban ricamente vestidos, e con gran cantidade de xoias e abalorios. 

A miña presencia non pasou desapercibida, cando se decataron da miña chegada, todos comezaron a alporizarse, e poñerse nerviosos. Acercábanse a min e observábanme con receo. Intentei dirixirme a eles dicíndolles:

-Hola eu son Pablo. Quenes sodes vós?

A miña voz non soaba igual, eran como pequenos sons agudos, que pasaban desapercibidos ós oídos deses seres.

De repente escoitouse o son dunha serea dun barco, entón lembreime da miña misión, que era encontrar aquel gran tesouro. Ó mellor a miña caída non foi tan fortuíta, estaba no bo camiño. 

Decidín emprender a miña aventura, elixiría un dos sendeiros, que tiña diante miña, e guiaríame polo son da serea do barco, que se escoitaba ó lonxe. 

 

 

 

 7.Con paso decidido, non moi propio de min, botei a nadar por aquela impoñente paisaxe submariña, de vez en cando, dábame a volta esperando atopar outra vez a aqueles seres case humanos. O sendeiro discorría entre rochas e algas e bancos de peixes de vivas cores, aínda que reparei na presenza do ser humano, latas e plásticos espallados entre as rochas. Sufrín ao mesmo tempo dous sentimentos contradictorios, tristeza polos residuos alí vertidos e felicidade ao ver un barco fundido na lonxanía. Apurei a miña brazada excitado polos acontecementos. Unha vez chegado ao barco comprobei o osíxeno dispoñible, quedábanme sete minutos. Introducinme no navío por un costado rachado, seguramente pola xigantesca rocha do meu lado. Dentro do barco sentín medo, a escuridade do interior e a presenza do final de moita xente. Tragándome todo isto, prendín a luz que tiña o traxe de buzo na fronte e seguín a diante, de camarote en camarote. Cheguei a unha sala maior cas demais, imnumerables algas e peixes adornaban todo. Xirei a cabeza en busca do tesouro, un brilo iluminou a sala. Sí, alí estaba o lexendario tesouro, que refulxía baixo a luz da miña lanterna. Sentín un inmenso orgullo ao ser eu o “valente” que atopou o tesouro do Capitán Birollo. Lembrei a peza máis importante, o diamante de vintecatro quilates, atopeino sumerxido nun mar de pingas de ouro. Estabao contemplando ensimismado, cando de repente, notei un cambio no aire , costábame respirar. Só me quedaban quince segundos de osíxeno! Alarmado, saín do navío e loitei por chegar a superficie, saíra do barco cando o osíxeno se esgotou. Botei a nadar cara a arriba, xa case o conseguira, vía o Sol brilar... Cheguei, pero o último que escoitei antes de desmaiarme foi o motor dunha lancha e:

-Mirade alí! Rápido!

Desperteime nunha sala branca, abrín os ollos e aspirei con forza. Estaba vivo.

-Conseguíchelo, rapaz, es un heroe-díxome o home de barba longa, amosando un xigantesco diamante na súa man dereita

 

 

 TITULO proposto por Lara: “ENRREDOS DUN SONO”

 

TÍTULO proposto por Ricardo: UNHA VIAXE NA RÍA GALEGA"