Conto-3


 

 

1. Chegou un día a Grandor unha furgoneta vermella e todos se deron de conta que non debía ser de alí, a ninguén se lle tería esquecido tal furgoneta con que a vise unha vez nada máis. Nela viña un home barbudo, que, ó se baixar, xa se atopou arrodeado de nenos que o miraban con extrañeza. Logo se puxo o home a falar con eles; preguntoulles por un lugar e díxolles que era un artista que viña a facer alí unha función que lles ía gustar moito, porque xa a fixera noutros sitios e ós nenos gustáralles a todos.

     O lugar polo que preguntaba era a taberna do señor Lucas, que, por ter un amplo comedor, era moi adecuado para os acontecementos do tipo que el pensaba provocar. Aló foi o home e tras del tódolos nenos como se fosen moscas detrás dunha vaca…

 

 

 

2.      Chegou á taberna de Don Lucas e preguntoulle se podía ver o escenario. O señor Lucas ía vestido cunha chaqueta vella, o pantalón era negro e con moitos buratos, levaba tamén un mandil de taberneiro, tiña o nome no medio en letras grandes e vermellas.

                    O artista que se chamaba Pedro vestiuse de paiaso. Chegou a noite, e Pedro, o artista, deu o comezo con catro parvadas para os nenos, e despois dixo catro chistes da súa vila e oito dalí, e todos se ríron moitísimo.

                    Pedro miraba as caras da xente que tiñan un sorriso que lles chegaba de orella a orella; menos un neno que non tiña amigos, e Pedro pediulle:

                   -Por favor sube ao escenario para axudarme cun truco de maxia.

                    Pedro ademais de facer o truco co neno fixo tamén dous trucos máis. Ao acabar o espectáculo Pedro deulles as grazas por vir e fixo unha reverencia, e todos aplaudíron.

                    o artista quedou abraiado co público que tiña, recolleu todas as súas cousas e púxoas na furgoneta vermella.

                    Estaba cansado e botouse a dormir na sua furgoneta vermella.

 

 

 

 

3.Todos os nenos e nenas saíron do comedor e  pegáronse ós cristais da furgoneta, comenzando a berrar :    

    - ¡Outra, outra, …!             

Pero Pedro non respondía, e os nenos cansáronse  e fóronse as súas casas. En realidade o paiaso non estaba dormido, só esperaba a que se foran todos as súas casas para sair da súa furgo e empezar a visitar o novo pobo.

Grandor era bastante grande. Noutra época foi unha cidadade turística, non se sabe por que. A aldea  tiña dúas igrexas e unha mezquita pequena para o barrio musulmán. Eso era o mas raro que había no pobo.

Paseou polas rúas e foi ver a biblioteca, a Praza Maior e o Porto, pero sen atopar nada interesante.  

O acabar o paseo, foise a durmir.  

A maña seguinte volveu ó bar de “Don Lucas” para ir almorzar ó comedor. Mentras remataba unha taza de leite, cabilaba co seu novo espectáculo. Decidíu que iba a ser de circo. O rematar de almorzar, foise cara a súa furgoneta e sacou dela un triciclo, unha cama elástica, unha bombona de oxixeno, tres bolsas de globiños. Todas estas cousas levounas ó lugar donde iba a facer a actuación. Tamén foi a panadería e mercou moitas tartas.

Namentres no colexio de Grandor só se falaba do paiaso. E cando os cativos se enteraron de que iba a facer outro espectáculo,   saíron todos correndo cando sonou a campá, e fóronse ó lugar donde Pedro iba a facer a súa actuación…  

 

 

4. Pedro estaba disposto a facer o espectáculo máis grandioso que xamais se vira na vila, pero de súpeto, unha inmensa dor comezou a percorrer o seu corpo; escalofríos, tremores, uns pinchazos agudos na boca do estómago… Intentou recordar o que comera a noite anterior, pero soamente fora o seu plato de sopa habitual, cun anaco de pan con queixo.

A súa dor aumentaba en intensidade, e decidiu ir ó bar de Don Lucas para preguntarlle por unha consulta cercana, xa que a dor íase facendo insoportable. Pero este advertiulle de que o médico máis cercano atopábase na vila seguinte, aínda que no pobo había un ancián musulmán que exercía como médico sin poseer título algún, nada máis ca sabiduría herdada dos seus antepasados que o facía incluso mellor que calquer outro médico titulado.

 

Así decidiu visitalo. Entrou no barrio musulmá e foi directo cara a dirección que lle habían dado, alí petou na porta e abreulle unha muller de mediana idade, que aparentaba ser a servinte do ancían; esta díxolle que esperara uns minutos. Mentres esperaba, a súa mirada desviouse guiada polo choro dunha moza qe podía ver a través dunha ventá con vistas ó patio central da casa. Ela non debía ter máis de quince anos, e Pedro, ao observar a súa pena, a súa cabeza gacha chea de tristura, olvidouse por un momento da súa dor e soamente podía centrarse na inmensa dor da moza musulmá

.

Pedro era unha boa persoa, tanto, qe inconscientemente ós dous minutos estaba ao lado da moza ofrecéndolle axuda, intentando saber o que lle ocorría, para poder levantarlle o ánimo. Pero ao ver o recelo da moza a contarlle a un extraño a súa pena, probou a facer uso do seu arte que era a súa mellor arma para conseguir sacarlle un sorriso a aquel fermoso rostro.

 

Cando o conseguiu, a moza, chamada Zaira, contoulle o seu problema:

 

-Fai uns meses, coñecín a unha persoa moi especial, tanto que namorei del. A nosa relación sería normal a non ser porque eu son musulmá, e él cristián. Cando meu pai se enterou desta relación prohibiume volver a velo, desde ese momento non durmo, non como, non falo… non son capaz de nada, soamente penso en poder volver besar os seus beizos…

 

O escoitar estas palabras e ao ver as bágoas de Zaira esbarando polas súas meixelas, Pedro puido por un segundo sentir o qe ela sentía, e decidiu axudala, sen importarlle o que eso conlevaría… tiña que encontrar unha solución.

 

 

5. Pedro pedíulle que lle dixera o nome daquela persoa tan especial, dixo que

se chamaba Tom, e, que nese momento, non tiña idea de donde se podía

encontrar, pois el era aficionado aos viaxes.

                  Ao día seguinte, despois de facer o seu espectáculo, Pedro deuse

conta de que había chegado un home novo a Grandor. Era un home forte, pero

tiña cara de boa xente. Iba cunha mochila ao lombo, parecía un turista que

había percorrido ata o último centímetro do continente.

                 Pensou que, como se parecía tanto a descrición que lle deu Zaira,

podería entamorarse del coa mesma facilidade que se enamorou de Tom, e

acabaría olvidandose del en non sufriría tanto.

 

 

 

 

6

.

Varias semanas despois, ocorreuselle pasar a visitar ao novo inquilino, pero cando chegou á súa casa, o home non estaba. De súpeto decatouse de que a cortina dunha das ventás da pousada estaba corrida cara un lado e que se podía ver o interior. Pronto deuse conta de que aquela era a habitación do home novo, pois a súa gabardina penduraba do percheiro. Algo lle chamou a atención, e era que o gardarroupa estaba cheo de obxetos inusuais: perrucas, bigotes postizos, unha sotana e moitas caixas de diferentes maquillaxes. “Parece que o noso visitante non é o que aparenta”.

 

Dous días máis tarde o pobo foi espertado por un berro tan estridente e sobrenatural que xeaba o sangue. Todos sairon a praza incluido o comediante. O que viron aquela noite non o esquecerán nunca, era un espectáculo tan horroroso que se grabou a lume na memoria das testemuñas alí presentes. E alí estaba, o corpo de Zaira, flotando na fonte, mirando cara as estrelas, o seu precioso rostro, distorsionado pola agonía nunha mueca tan cruel e burlona, como triste e aterradora.

 

A mente de todos estaba pensando no mesmo “que accidente tan desafortunado”, pero non todas as mentes pensaban o mesmo, a do comediante relacionaba aquel feito tan aterrador co que presenciara varios días antes, na habitación do home novo, tamén presente, pero non semellaba moi afectado por aquela morte tan inusual.

 

 

Non o pensou dúas veces, e o día seguinte o comediante foi en busca do turista para facerlle un par de preguntas. Pero cando chegou a casa a reacción daquel descoñecido foi tan sorprendente que o deixou estupefacto. Cando entrou, despois dos saudos cordiais, o home empezou a facer preguntas do estilo”¿Onde estaba vostede as dúas da noite do día trece de xullo?”. El dixo que non sabía nada, e preguntoulle quen era e que facía naquel pobo. Enton o home respondeu “Chamome padre Benancio, do monasterio de Batalha, son portugués e poñamos que teño curiosidades relacionadas con certo tipo de sucesos. Viñen a Grandor a investigar un caso ó que xa lle teño dado moitas voltas, e algunhas pistas trouxéronme ata aquí”.

 

Aquelo explicaba o dos disfraces e o da sotana, pero... ¿que caso estaba investigando?.”Investigo a desaparición dun home chamado Tomason Rio Martínez, máis coñecido como Tom”.

 

 

 

 7. O padre Benancio contoulle a Pedro, que Tom era un antiguo alumno do monasterio no que el traballa e que viñera a Grandor porque Tom mandárallle unha carta moi extraña contándolle que o seu amor verdadeiro estaba neste pobo.

Esa misma noite os dous decidiron in investigar á casa de Zaira e atoparon unha habitación moi desordenada, cós  libros tirados polo chan, as fotos rotas, as cartas esparcidas por todas ás partes... De súpeto escoitaron un xemido de dor, que viña dunha esquina da habitación. Era o pai de Zaira.

Contoulles que agora iba a estar só, sen nadie con quen falar, pero o que máis lle doía era o seu o seu arrepentimento por non deixar ser feliz a súa filla e o que lle fixera a Tom. Tamén contoulles que un día Tom foille pedir a man da súa filla e por eso comezaron a discutir e sen saber como o pai de Zaira bateulle na cabeza cun pau e caeu morto no chan. Asustouse tanto que tivo que tirar o cadáver ó pozo. Non puído dormir en días ata que lle contou a verdade a súa filla, e ahí empezou a locura de Zaira.

O padre Benancio atopou unha carta de despedida de Zaira onde contaba todo o que lle pasara a Tom e a ela. Esto é o que dicía:

 

“ Hoxe descubrín que o meu amor atópase morto no pozo do patio da miña casa, a mans do meu pai. Seino porque atopei a cadea que sempre levaba con él, que fora un agasallo da súa nai.

A miña vida sen él non ten sentido, téñome que reunir con él.”

Zaira

       Esta carta foi escrita o día en que Zaira se suicidou.

       Despois deste suceso Pedro  foise a outro pobo e mentras se iba vía todas as caras de dor pola historia tan triste de Zaira e Tom. 

   

 

 

TÍTULOS PROPOSTOS:

 

1. O artista. Proposto por Laura

 

2. O artista. Proposto por Luis

3.Un arte especial.Proposto por Clara Varela

4.Un paiaso especial.  Proposto por Carla Dezagoire

 

5.  Propoño este título "A arte do engano". Adrián

 

6. Un engano por locura. Proposto por Jorge