| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • Work with all your cloud files (Drive, Dropbox, and Slack and Gmail attachments) and documents (Google Docs, Sheets, and Notion) in one place. Try Dokkio (from the makers of PBworks) for free. Now available on the web, Mac, Windows, and as a Chrome extension!

View
 

Conto-11

Page history last edited by María DT 12 years, 5 months ago

 

 

 

 

     Hoxe quedei soa. Nancy marchou para a súa casa nova e eu volvín colocar a mesa e o ordenador no cuarto das ventás grandes, no mesmo lugar onde estaba antes de chegar Raquel en outubro. Volvo mirar o ceo cando escribo e vexo pasar os bulebules e os morcegos mentres me espreguizo na cadeira e até volvo escoitar a música da velliña do patio.

¡Como pasa o tempo!, pensei pola tarde cando recolocaba as miñas cousas nos armarios e nos andeis, baleiros de Nancy e de Raquel. Armarios de grandes bocas, andeis de grandes brazos. Enchinnos de libros, de roupa, de papeis, de zapatos. Gústanme os zapatóns de plataformas altas, macizos, que me duran anos. E as botas de cores: téñoas rosas, verdes, vermellas, negras, granates e brancas. Teño unhas botas brancas que hoxe atopei agochadas e avergoñadas nunha caixa de cartón. Levan comigo alomenos dez anos e superaron varias restauracións e moitos bailes nas madrugadas de Santiago, de Vigo e de Vilagarcía. Acabaron nunha caixa porque un día, á primeira hora da mañá, achegóuseme un guapo mozo e díxome que lle gustaba verme bailar. E eu, que pensaba que ninguén reparaba en ninguén a esas horas da noite

 

 

2. Estaba a agardar pola miña nai porque me dixera que me viña a buscar para levarme con meu pai, meus pais están divorciados.

Cando tiña 5 anos e iba a unha escola privada meu pai víñame  a buscar todos-los días a rematar-las clases porque miña nai tiña que traballar ata tarde no hospital. É doctora e tamén está a facer investigacións dunha nova enfermidade que se descubriu fai uns anos. Meu pai traballaba nun acuario cuidando e alimenando a todo-los animales. Gustaballe moito o seu traballo pero o seu xefe era moi extricto, e non o deixaba tranquilo e empezou a beber.

Un día cando apareceu no colexio para levarme a casa, viña borracho, eu a verdade e que non me din moito de conta porque era moi pequena e non me fixaba nesas cousas. Pero o caso e que non se fixou no semáforo que estaba en vermello e un camión arrollounos pola ladeira abaixo. Meu pai só se lastimou en pouca na cabeza e na perna pero eu levín un forte golpe na cabeza e quedín en coma…

PATRICIA PÉREZ…( Título proposto:RECORDOS)

 

 

 

3. Non recordo exactamente o que pasou despois porque despertinme no hospital case un mes máis tarde. O único que sei e que o espertar, meus pais pelexaron e miña nai pediulle o divorcio porque non quería que pola sua culpa me pudiera pasar algo grave ,coma o accidente ,só pola bebida.

Meu pai non se quería divociar pois tiñame que ter ao seu lado pois senón, morría. Miña nai compadeceuse así que decidiu divorciarse e que eu pudiera estar con el. Pero iso non son máis que malos recordos que quero olvidar.

Pero ao que volvía, achegóuseme un mozo moi guapo e decidin ir tomar algo con el e así poder falar tranquilamente nun lugar apartado.

Díxome que se chamaba Ricardo e que vivía preto da miña cidade. Faloume que un día viume bailar e que ofacía moi ben e que lle gustaría botar un tango ou un vals  conmigo…

ALEJANDRO PRIETO… Título proposto:(INFANCIA)  

 

4.Quedamos no parque, estiven un bo intre esperando por el, pero por fin chegou. Mirei para el cun sorriso na miña cara, era perfecto. Decidín darlle unha sorpresa levándoo a unha antigüa escola de ballet á que fora cando era pequena. Alí estaban algúns dos profesores que me impartían clases. Pedinlles se nos podían poñer música para bailar e ensinarlle a Ricardo todo o que sei.

           Pasámolo moi ben esa tarde, decidimos quedar outro día máis, pero ao día seguinte estíven esperando bastante tempo en fronte da fonte e Ricardo non apareceu…

AIXA COSTAS DEZA. (Una semana extraña.)

 

 

5. Eu ficaba alí, soa, naquel parque fantasma. Miraba cara o ceo. Parecía que Gaudí despertara do seu intenso descanso, e comezara a esculpir nas nubes. Golpe tras golpe, formando un mundo máxico flotante de algodón. Miraba ó ceo, e miraba aquel castelo ó que Ricardo me viñera rescatar, coma unha princesa en perigo, atrapada por un feitizo que só se rompería cun bico verdadeiro. Ó final do meu conto, Ricardo, despois de me recitar un poema de amor maravilloso coa súa voz de mel, bicábame apaixoadamente, como se aquela fora a última vez,  e así me salvava.

Realmente me estaba a pasar coa imaginación, e imaxinando imaxinando o sol foise ocultando paulatinamente. Cando me decatei, o horizonte xa o comera. Tivo que saír Venus para que me dera conta de que  era hora de ir para casa.

Non sei cómo explicar a dor que sentía. Alí, tirada na cama, sen cear.

-So a súa voz… Unha vez máis…

 Tiña a sensación de ter plomo no interior do corpo, e de que as miñas entrañas escocían.

-Oílo unha vez máis pronunciar o meu nome. Por favor…

Comezábame a doer realmente o cerebro. Morrendo da dor.  Alí, retorcéndome sobre min mesma, ata que me pai petou na porta para pasar e non se me ocorreu outra cousa que facerme a durmida. Entrou paseniño, case sen ser oído.  Él abriu o armario, e rescatou da tormenta de botas unha manta ben gordiña. Púxoma enriba, bicoume a fronte.Non se apartou, sentía o seu alento na miña meixela.  Susurrou:

-Perdoa meu anxo. 

De súpeto sentín algo húmido e frío nela; unha lágrima. Papá estaba chorando.

A mañá seguinte despertoume o teléfono. Zombi e descalza, descolgueino:

-¿Diga?

-¿Clara?

A súa voz envolveume. Estaba na gloria, flotaba naquel pasillo que aínda cheiraba á miña sudor da noite e a mañá. A súa voz melodiosa, mel, unha droga. Tiña pura adicción a ela.

Costume reaccionar.

-¿Clara? ¿Estás ahí?

-S-s-i. Si. Si, estou aquí. Si, estou aquí, Ricardo.

Andrea Ucha Bouzada… (ADICTA)

 

 

6. Pasaran algunhas horas dende aquela esperada conversa. Tremíame o corpo. Eu, unha moza incomprendida, esperaba a chegada daquela hora. Meu pai, tan dicharacheiro coma sempre, notou a miña intranquilidade rapidamente.

   -Nena! Que che pasa? Seica quedaches co mozo?

   Sabía que esta era a primeira pregunta dun intenso interrogatorio.

   -Non, papaíño, eu non uso diso!

   -Así dicía eu...

   -Xa, pero é que de ti non se pode un fiar. Sen embargo, en min, si que se pode facer.

   -E logo, quen é ese tal Ricardo?

   -Un rapaz que coñecín fai pouco...

   -Si? E por que non mo presentas?

   -Non, de momento non o coido preciso.

   -Entendo, seguro que é un deses que hai agora...

    Erguinme da mesa e, sin dicir máis nada, recollín o prato e depositei un cálido bico na meixela de papá. Estaba segura de que con iso se daba por satisfeito.

    Axiña cheguei ó punto de encontro. Era un parque moi grande que había no norte da cidade, lonxe da algarabía urbana. Esta vez, non tiven que esperar, pois o mozo de ollar azul intenso estaba alí, sentado fronte a a min. Non sabía de que falarlle e, pola contra, a miña habitual vergoña había tempo que desaparecera...

 

 

7. -Ola Ricardo..

-Ola Clara! sinto moito o que ocorreu onte,non puiden ir porque morreu miña veciña e era moi amiga da miña nai..

 

De súpeto,sentin unha sensación estraña,non sabía se alegrarme porque non estibera con outra ou non quería saber nada máis de min,ou entristecerme pola morte daquela señoriña descoñecida..

 

 

-Sintoo-dixenlle con cara de lástima-

-A verdade e que eu non tiña moito que ver nesa situación,pero a miña nai pediume que a acompañara...

-Non pasa nada,enserio.-Estaba que morria de ganas por bicalo,como o outro día vía os seus beizos

e morria de ganas pero..que podía facer? non lle via moitas trazas..

-Clara,a verdade e que tiña que dicirche algo moi serio,pero co que ocorreu tiven máis tempo,mira

ti es unha rapaza encantadora e o certo é que sinto algo que non sentin nunca.

 

Queee??? que me estaba dicindo?? non o podia crer,estaba decrarandose?isto era un soño...Como el,un rapaz tan perfecto pola miña forma de pensar,íase fixar en min?

 

-Gústasme e moito,non sei que opinarás pero é a verdade.

Quedei embobada mirandoo,non sabía que decir,derrepente soou o mobil del..

-Teñome que ir,agora non cho podo contar,chamareite e mañá quedamos.

 

Deume un bico na meixela e marchou apurado,parecía que tiña moita presa que algo sucedera,marchei para casa e ceei..

 

Ao dia seguinte...

 

Nerea Teresa López...Titulo proposto(UNHA PROPOSTA SUXERENTE)

 

 

8. Ao día seguinte, chamoume, como dixo que iva a facer. Non sabía se contestar ou deixalo soar.  Estaba convencida de que eu gustaballe, e a min paréceme que cada vez máis hasta reventar, pero danme medo equibocarme, asique, deixei o mobil soar todas as chamadas que fixera.

Unha hora despios de comer, pasadas xa seis horas collín o movil para ver cantas llamadas tiña. Había 17 mensaxes suplicandome que o collese, e 25 chamadas seguidas. Un pouco máis tarde, recibín outro mensaxe del, dicíame que era lóxico que ela quirese sair con el e que iva a sacarse a vida se asi era ela máis contenta. Clara quedouse boqueaberta, e inmediatamente chamouno dúas veces, e al final, collegu o telefono:

 

-Ricardo, Ricardo, perdóa por non coller as tás chamadas nin contestar aos tues mensaxes, en seiro, porf...

-Xa o sei Clara, xa o sei, non fai falta que te eches as culpar a ti por unha cousa que no fixeches...

-Non non Ricardo, non é eso dígoch...

-Non pasa nada, ti non tes ningunha culpa.

-Non é eso!!!

-O sínto, o sinto moito.

-Deixame acabar porfabor

-...

-Gústame moito, pero tiña medo a que me pasara algo malo

-Non ía pasar nada malo, eu estaría o teu lado sempre

-Grazas, entonces... Vémonos esta tarde na miña casa?

-Esque...

-Porfabor... os meus pais vanse de vacacións tres días e non quero estar soa

-De acordo...

-Grazas, sabía que non me defraudarías. Quéroche, bicos!

 

Pola tarde,chamou no timbre Ricardo como díxolle, ela abriulle, falaron na habitación, confiaronse un a o outro y déronse moitos bicos...

Tres días despois, Ricardo foise e Clara chamou as súas amigas para contarlles todo e todos os detalles...

 

Laura.

 

 

 

 

 

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.