1.Visitamos Nápoles, Roma e unhas pequenas illas gregas. Xa non acordo o nome... ¿Santorini? É que estivemos de cruceiro polo Mediterráneo. As noites en cuberta, e as mañanciñas de piscina ao saír o sol... A primeira parada da viaxe foi Túnez e durante catro días percorremos o norte do país. Eu tiña ganas de ir ao deserto, ao sur, pero non nos daba tempo. O zoco, o zoco impresionoume. Aínda teño o olor das especias e da chicha tatuados na pel e os rostros, milleiros de rostros desfilando rodeados de alfombras, de latón, de coiro, de roupa falsificada, de ouro de escasos quilates por aquel labirinto de regateos, adobe e espellos. Gustoume o contraste de burkas e túnicas coas camisetas escotadas das europeas que se trenzaban no paseo marítimo de Sousse.
Pero, con todo, o máis emocionante foi o berro do muecín de madrugada. Alá é grande, Alá é grande. Alá é grande. Alá é o único deus e Mahoma o
seu profeta coreado dende todas as mesquitas da cidade. Como un salaio cuspido sobre un ceo de parabólicas…
2. A min gustábame escoitalo todas as mañans, xa que era o único divertido que pasaba na cidade. Eu quería pasalo ben, vivir aventuras, pero en todas as miñas viaxes non encontraba nada que fora o bastante emocionante. Esperaba que desta vez fora diferente.
Un día o profeta achegouse a min, e díxome:
-Marchade desta cidade, esta cidade está maldita, todas as persoas que están aquí máis de 15 días Alá non os deixa saír. (Susurroume con voz preocupada)
-Alá? Si Alá é un Deus, non lle pode facer mal a ninguén. (dixenlle con tono burlón).
-Alá o Deus non, Alá o dono desta cidade. Non deixa que ninguén saia da cidade cando pasa aquí máis de 15 días.
-(Eu quedín preocupado), pero se nos levamos aquí 13 días. E ata dentro de unha semana non podemos irnos. Non hai ningunha forma de sair da cidade pasados os 15 días?
-Non! Nadie ata agora conseguiu saír despois dos 15 dias.
(Silvia Piñeiro Fernández: Título proposto: SOLO 48 HORAS).
3. -Nos non podemos quedar aquí para sempre,temos familia que espera a nosa chegada.
-Pois intentade marchar de algunha maneira inda que sexa algo improsible.
Despois de estar moito tempo pensando como sair non se nos acorreu nada,e o tempo pasounos tan rápido que xa estabamos no último día.
Preguntámoslle a aquel extraño como nos convertiamos en eso, él díxonos que a noite saímos andando cara o río poseídos por Alá.
Xa chegara a noite e o medo recorríanos os nosos corpos, de pronto ocorreusenos que si non dormíamos non podiamos despertar poseidos e ir cara o río, e así o fixemos.
Fíxose de día e non nos pasara nada, cando nos viu o extraño quedouse sorprendido e díxonos que ahora tiñamos que ter coidado que non nos podíamos achegar ao río, pero que gracias a que aguantaramos un día mais tiñamos outros 15 días para saír.
(Alba Pérez Sieira: Título proposto:15 DÍAS MAIS )
4. Durante estas semana, pasóusenos o tempo moi despacio, e case non podíamos durmir por causa da maldición. E pensamos que sería mellor fuxir da cidade. Non podíamos recoller todas as cousas porque tíñamos pouco tempo, e necesitábamos que deixar esas rúas tan preciosas e ese cheiro inconfundible dos mercados que vendían carne e pasteis. Dábame mágoa esquecer todo, pero era o único que podía facer nesta situación.
Ó día seguinte despedinme das persoas que consideraba máis importantes e fuxín antes de que a maldición me retivera nesta cidade que, no fondo do meu corazón, era o que máis quería.
Encontreime co meu amigo Marcos, e decidimos que sería mellor marchar en barco, que aunque tivésemos problemas coa idade, era máis barato naquela época.
Saimos da cidade sen problemas, que nos pareceu raro, porque pensábamos que Alá iba mandar os seus aliados para impedir que marchásemos da cidade. Collemos o barco que se dirixía a Galicia e descubrimos que no noso camarote había...
(Juan José Cernadas: Título proposto: Nova travesía)
5. Collemos o barco que se dirixía a Galicia e descubrimos que no noso camarote había unha nota enriba dunha das mesiñas de noite ó lado da cama. Collina e mirei atentamente ás palabras escritas en tinta negra naquel papel amarelento:
“Decidistes por fin saír da cidade? Boa decisión, pero non é tan sensata como pensades…”
Non tiña sinatura, nin data e nin sequera nomes. Que estaba a ocorrer? Reflexionei durante un rato intentando ver o que pasaba. De tanto pensar o cansazo apoderouse de min de cabeza ós pés. Deiteime na cama, cubríndome coas mantas azuis e quedei durmido.
Non moitas horas máis tarde espertei cun ruído que parecía vir da música dunha festa, pero entón rompeu un silencio sospeitoso na habitación. Levanteime para ver o que se estaba a facer na proa dende a ventá. Escasos segundos despois o barco freou bruscamente que me lanzou cara a parede do camarote. “Maldita sexa…! Isto é moi raro”, pensei. Abrín a porta e saín en busca do meu amigo Marcos, tropezando coas paredes. Parecía que había moito vento e as ondas do mar estaban inquietas, pero o silencio seguira en pé.
Cheguei á comporta que daba ó exterior, pero detívome algo que pisaba no chan. Algo que coñecía moi ben…
(Ana Varela Aramburu: Unha difícil experiencia.)
6. Algo que coñecía moi ben, era un dos xerseis de Marcos. "Isto é moi raro!!!", volvín repetir, agora nun ton no que destacaba o nerviosismo. Axeonlleime e toquei aquilo comprovando que era certo o que pensaba, era o seu xersei. Saín de alí non só correndo senón que berraba o nome do meu compañeiro e amigo. "Marcos, Marcos!" berraba eu sen recibir ningunha resposta.
Cando cheguei ao exterior observei unas extrañas luces que me atraían, eu non quería achegarme a elas pero sen saber porque acabei na boca do lobo.
Eu non sabía o segredo saquelas luces nin entendía moi ben aquilo do xersei, pero todo coincidia, Un deus descoñecido para min chamado Alá, esas luces que parecian un iman có meu corpo, o xersei do meu amigo e el desaparecido. Todo era tremendamente extraño.
Pero entón oín unha voz que non parecía afectada pola humidade e a néboa da noite, unha voz ronca que me dicía: "O futuro xa está escrito non podedes escapar del." Eu volvinme tolo, cavilei e cavilei e non descubrín ningunha razon que non fora a maldición para explicar todos aqueles sucesos.
Intentei contestar e pedir a miña explicación daquelo para poder comprender todo un pouco mellor. Pero tan pronto abrín a boca unha voz interrunpiume, máis grave para meterme o medo no corpo, dixo: " A chamada maldción revelarase contra os teus seres máis queridos..."
Estremecéuseme todo o corpo. Centos,miles,millóns de pensamentos pasábanseme pola cabeza. O que máis lamentaba era que...
(Adrián Barral Montes: Lamentando a nosa decisión.)
7. O que máis lamentaba era que o meu cerebro parecía que perdera a facultade de pensar e actuar. Algo debía facer. Non ía deixar que alguén que se cría co poder suficiente para controlar unha cidade e reter a unha chea de visitantes controlase o meu destino, o meu futuro e fixese desaparecer ó meu amigo. Tentei moverme para comprobar se a tripulación coa que viaxabamos daba algunha mostra de existencia ou intención de axudarme. Non puiden nin pestanexar. As luces ataban a miña vontade, os meus músculos pertencíanlle a elas, que me atravesaban coma agullas.
Volvín chamar a Marcos, esta vez por desesperación e o seu nome convertiuse nun xemido ó saírme da gorxa. A impotencia era o que máis me doía.
Ía acabar tan rápido a miña vida? Dunha maneira tan confusa, sibilina e incríble? Dei todo por perdido e seguíao dando mentres a volvía escoitar: "Doe? Intentastes ser máis espelidos ca min, pero xa vedes, teño complexo de deus."
Mandeino calar na miña mente con rabia.
Caín cun impacto forte, pero non doloroso. Só uns segundos despois deime conta de que as luces me deixaran caer porque se esvareceran repentinamente e fora a escuridade quen lle tomara o relevo. Agora era ese estrondo mariño de olas enfurecidas o que me facía sorprender.
Mirei cara adiante e vina, e quixen comprendela...
(Miriam Sartages García: Complexo de deus)
8. Mirei para adiante e vina era unha luz que me facia sentir calafríos, pero eu seguin para adiante coma senada co xersey de marcos na man. Eu tropezaba contra todo, cheguei ao meu camarote despois de esvarar polas escaleiras, eu chiraba e choraba pero non encontraba solucion ningunha.
Depronto petan á porta eu estaba asustado, pero vexo que e o capitan e me di:
- Señor ten pinta de estar cansado porque non durme un pouco que boa falta lle fai - dixome o capitan.
- Non, non podo durmir senon o señor Alá votarame unha maldición e poderia acabar morrendo - dixenlle con unha voz de medo.
- Pero señor, que di dunha maldición, seguro que sera unha trola que lle meteron - dixome con cara de asombrado.
- Non e ningunha trola todo é real, o señor que viña comigo era o meu amigo marcos e tamen estaba metido nisto e o señor que nos acompañaba foi o que mo contou todo - dixenlle moy seguro do que lle estaba a dicir.
- Hai non me diga que esta baixo a maldición do deus Alá, pobriño sintoo moitisimo pensei que me staba a falar dunha lenda de fai moitos séculos - dixome o capitán.
- Necesito que me faga o favor de que si ve ao meu amigo que lle diga que me espere no meu camarote, eu agora mesmo marcho en busca do home que nos acompañaba - dixenlle.
De ali a un bó tempo tropecin con unha especie de pedra brillante con forma de " a " corrín e corrín ata que encontrin ao señor que me habia contado o da maldición e dixenlle que habia atopado aquela pedra mentres o buscaba. Él díxome que donde habia atopado aquela pedra que iso igual nos axudaría a romper o maleficio, e qu poderiamos irnos para ás nosas csas sen correr ningún perigo, pero que esa pedra habia que poñela nun sitio que estaba no mar para qu o deus desaparecera.
Señor capitan necesito que pare a dúascentas millas de onde agora mesmo nos atopamos, tamen necesito un equipo de buceo para dous.
- Necesito quepare para poder romper o maleficio que me ten tan atemorizado. Pasalle algo señor capitan notoo como se me tibera que decir algo importante.
- Claro que pararei onde vostede me diga, encontrei ao seu amigo Marcos agora mesmo está esperandoo no seu camarote.
- Moitas grazas señor capitan debille unha.
Despois de moito tempo chegamos ao noso destino, bucein ata o sitio onde tiña que poñer a pedra púxena, e teño que recoñecer que estaba moy asustado pero collín todo o valor posible e conseguino. O maleficio rompeuse e, eu Marcos chegamos sans e salvos á nosa casa.
( tania lima besada 2ºD Nº13. ) Título proposto: O maleficio de Alá.
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.