Conto 8 ilustrado e modificado


 

NUNCA SABES O QUE CHE DEPARA O DESTINO

  

A miña cociña é grande, case tan grande coma o resto da casa. Está pensada para cociñar e para reuni-los amigos arredor dunha mesa capaz de acoller a dez persoas. Como as cociñas das casas da aldea. Unha vez ceamos doce: acabouse a cea, tomámo-la sobremesa e o café e o licor café e ninguén se levantou ata a madrugada porque estabamos cómodos debaixo da lúa, coas ventás abertas porque era verán e murmuraban frescura as árbores do patio. No patio hai un par de froiteiras e unha camelia; son poucas pero murmuran moito cando están satisfeitas. Como se fosen un bosque enteiro.

Hoxe, sen esperalo, somos cinco. Podiamos ser dous porque Natacha ía no fisioterapeuta e Roberto tiña moito traballo e Anxo quizais quedase durmido. Podiamos ser sete se Kike non marchase para A Coruña e María non tivese un bolo coa orquestra. Nunca se sabe seguro quen vai vir cear e iso gústame. Tamén me gusta como soan os amigos que veñen á casa por primeira vez. As súas voces óense doces na cociña de teitos altos, mesturándose co recendo da carne asada, coa compota de mazá, co fume dos cigarros…

 

...De fondo óese o murmurar da presentadora do programa “El Diario de...”, xa que a avoa sempre o ve antes da cea, qué manías as súas!

Eu estou aquí fóra co meu cadeliño Tobi, que sempre está dentro con todos nós ceando pero hoxe non nos apetecía a ningún dos dous entrar. Aínda que son as sete da tarde xa empeza a escurecer un pouco, e, como non fai moito frío para ser o mes de novembro, estendín unha saba no xardín e estamos aquí os dous tirados, mirando á Lúa e ás estrelas. Miña nai estanos a chamar, xa deben de ser as dez e temos que ir para cama, porque mañá teño colexio. Xa vou! - dixen. Máis che vale vir, mira como puxéchedes a saba.  Acababa de lavala! - berrou miña nai. Boh! Pódese volver a lavar. Si xa, vas lavala ti? Tanto non mamá. Cala xa e ven cear, que hoxe preparei ovos con patacas fritidas. Vale, xa vou. Cando entrei na cociña dinme de conta de que xa marcharan todos os amigos, mellor, así ceo tranquilo. Ao rematar de cear fun lavar os dentes e a poñer o pixama. Metinme na cama e púxenme a estudar para un exame de Literatura galega que teño. Puff, non me gusta nada a Literatura, pero teño que estudar porque se non meus pais non me deixan tranquilo en todo o Nadal. Á mañá seguinte levanteime, ducheime e tomei un taza de leite con cereais. Para ir a clase sempre collo a miña bicicleta, pero hoxe non podo porque teño unha roda pinchada.

 

Que rabia teño que ir a andar, pero non pasa nada xa que onte chamei ao meu amigo Adrián para ir xuntos á escola e como sempre empezou coas súas queixas: que se fai frío pola mañá, que se está canso para ir andando, que se chove ímonos mollar... 

Adrián é un neno que se queixa moi a miúdo e por calquera cousa pero no fondo é un bo rapaz, el ten un ano mais ca min porque o moi lacazán está repetindo curso, eu sempre lle digo que ten que estudar máis pero non me fai caso e enfadase comigo. Dime sempre que son un pesado pero eu fágoo polo seu ben, cousa que el non entende.

 

 

Esa mesma mañá cando cheguei á súa casa aínda estaba remoloneando na cama, e tívose que vestir apurado porque chegabamos tarde á escola. Cando chegamos á escola xa había dez minutos que tocara o timbre, e ao chegar a clase a profesora preguntounos o por que da tardanza. Eu púxenme nervioso xa que non sei mentir, pero Adrián parece que ten un don para as mentiras, sempre ten a escusa axeitada no momento, entonces empezou a contarlle unha historia a profesora...

 

Aurea López Méndez

 

 

Adrián contoulle que chegaran tarde porque encontraron un can rabioso e abandonado. Díxolle que no seu colar poñía que se chamaba Nurrio. Adrián contoulle que o levaramos para a canceira onde non nos preguntaron onde o atoparamos nin demais datos sobre o can.

 

A profesora creuno todiño, a verdade é que a profesora de galego era un pouco parva porque sempre lle dicían todo tipo de mentiras e ela sempre as cre todas.

 

A profesora díxonos que sentaramos e que nos puxeramos a facer os exercicios que ela mandara facer na clase. A hora transcorreu con normalidade e así o resto da mañá sen ningún percance. Fíxose un tanto aburrida porque tiñamos todas as materias aborrecibles no mesmo día.

 

Alberto Fernández González

 

 

Ao día seguinte Adrián non puido ir a clase porque supostamente lle doía moito a cabeza, pero o certo era que había exame de inglés e non tiña gana ningunha de facelo. Eu dígolle sempre que facendo iso só conseguirá suspender todas as materias, pero a el dálle igual.

 

O domingo fomos xogar ao fútbol cuns amigos. Pasamos todo o día no campo botando un partido tras outro e ao anoitecer voltamos todos para cadansúa casa moi cansos. Facía moito frío e Adrián non paraba de tusir.

 

 

 

Xa era outra vez luns, a seguir coa rutina de sempre. Fun buscar a Adrián a súa casa. Para a miña sorpresa seguía na cama, qué raro!

 

-Levántate lacazán que hai que ir ó colexio- díxolle a nai.

-Atópome moi mal; dóeme moito a cabeza.

-Anda, anda, érguete e non lle fagas agardar a Xavier.

 

Pero el seguía sen moverse da cama. Eu estaba mirando a escena desde o descanso da porta e fixeime en que Adrián non tiña moi boa cara.

 

-Señora, está moi colorado, para min que di a verdade.

 

Logo de tomarlle a temperatura démonos conta de que realmente tiña febre. Despedinme e apurei o paso para non chegar outra vez tarde. A profesora preguntoume que lle ocorrera a Adrián.

 

Rubén Garrido Prieto

 

 

Expliqueille o acontecido pero, como sempre, pensou que era outra escusa.

 

Chegaron as vacación de Nadal, como saquei boas notas fun de vacacións ás Bermudas e levei a Adrián comigo. Cando iamos no avión comezou a moverse bruscamente e partiu en dous!

 

 

 

Nese momento perdín o coñecemento e espertei nunha praia dunha illa deserta. Non vin a ninguén, estaba só!

 

Escoitei uns berros arrepiantes; era o meu colega Adrián, estaba ferido!

 

Fun correndo na súa procura. Como meu pai é médico e miña nai enfermeira aprendín moito de primeiros auxilios así que curei ó meu amigo con éxito.

 

Pero onde estaban os demais? Non había ninguén! Así que fomos a recoñecer o terreo. Era unha illa con vexetación tropical. Pero estabamos sos?

 

O que fixemos foi ir a unha montaña para ver toda a illa e así saber onde estaba o avión.

 

Cando o soubemos, fomos ó lugar do accidente, alí atopamos á miña nai viva, pero non a meu pai! Onde estaba o meu paiciño querido? De súpeto decatámonos de que nesa praia só había unha parte do avión, onde estaba a outra? Despois de moito buscar atopamos a parte desaparecida. Alí estaba o meu pai.

 

Todos os demais pasaxeiros estaban mortos.

 

Despois de moitos meses nesa illa, un día no que estabamos na praia pareceunos ver unha persoa nadando. Cando nos demos conta era David Meca nun dos retos. Mirámonos uns para os outros e todos pensamos o mesmo: amarrámonos ás súas pernas e arreando.

 

Nunhas horas estabamos en Sanxenxo, na praia de Area de Agra.

 

Pasaran cinco meses, estabamos en maio.

 

Ó día seguinte fomos á escola. Nada máis entrar, a profesora sorprendida díxonos:

 

-Que escusa traedes hoxe?

-Adrián, cóntallo ti que a min dáme a risa.

 

Eva Castro Rodiño