| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • Work with all your cloud files (Drive, Dropbox, and Slack and Gmail attachments) and documents (Google Docs, Sheets, and Notion) in one place. Try Dokkio (from the makers of PBworks) for free. Now available on the web, Mac, Windows, and as a Chrome extension!

View
 

Conto 6 ilustrado e modificado

Page history last edited by María DT 12 years, 4 months ago

 

          

 

 o misterio do libro

 

    Fago un lazo cos cordóns dos zapatos, unha mañá máis. Xa estou cansa deles.

Mellor sería ter mercado uns máis prácticos de calzar. Agora xa está.

Boto por riba o mesmo abrigo, outra vez. Polo menos, este ten cremalleira e non botóns, aí escollín ben, é máis rápido.

Este mes xa non levo a bufanda,... xa pasou o frío máis xélido. Xa pasou... pasou tanto tempo!

Entro na cafetería. Luís saúda cun sorriso. Penso que a forza de verme cada día, xa me colleu cariño. Prepárame un vaso de leite con cacao sen que llo pida. Sabe que ten que poñermo quente, porque vou tardar un tempo ollando o xornal que me tiña reservado debaixo do mostrador e que deixou riba da esquina onde me acomodo sempre nada máis entrar pola porta. Cando non apunte nada no meu caderno, ao que cada vez lle quedan menos follas en branco, botarei as mans ao redor do vidro para quecelas. É un bo home o Luís.

         Xa tomei o leite con cacao e xa me vou; despídome de Luís cun grazas  e el vólveme  sorrir. O día está nubrado. ¿Onde está o sol? Paseo pola beirarrúa sen rumbo como unha folla cando a leva o vento. Non queda máis beirarrúa así que vou cruzar a ponte. O río leva unha auga limpa e cristalina tan cristalina e limpa que podo verme reflexada. Tamén hai unha barquiña que leva a dous rapaces cara a beira do río. Xa vai sendo hora de xantar así que volvo a casa.

      Ao entrar na casa desfago o lazo dos cordóns dos zapatos, saco o abrigo e póñome as pantuflas. Miña nai esta cociñando  e  meu pai está aínda na cama, como é sábado.

­­-Mamá! Qué hai para xantar?-pregunto.

-Sopa -contéstame ela.

Ao acabar de xantar chamei a Xulia e quedamos no parque as cinco. Son as catro e media, voume calzar e a poñer o abrigo xa que da miña casa ata o parque aínda hai un bo tramo. Nada máis saír empeza a chover  pero non vou a levar o paraugas porque ir pola chuvia é mais divertido. Hai charcos por todos os lados e eu xogo a saltalos; so quedan uns metros para chegar ao parque e xa vexo a Xulia. Ela trouxo un paraugas. Nada mais entrar no parque Xulia dime que suspendeu o exame de matemáticas e que aínda non llo dixo aos seus pais. Eu díxenlle que se tranquilizara que eles eran  comprensivos e o entenderían.  

-Imos dar unha volta?-pregúntolle

-Como queiras- respondeume.  

Cando iamos camiñando pola a aceira un coche salpicounos e mollounos, Xulia gritoulle un insulto moi feo, pero eu díxenlle que se calmase que foi sen querer. Como facía moito frío e estabamos molladas decidimos ir a casa de Xulia a cambiarnos.

A nai de Xulia é moi simpática, prestoume roupa seca e invitoume a merendar. Mentres merendábamos Xulia díxolle o do exame de matemáticas e a nai díxolle que tiña que estudar  ou tería que ir a pasantía.

        Xa son as seis e media e tiña que irme, despedinme e marchei, xa case non chovía. Hoxe parece que o ceo está triste, so se ven nubes negras e grises pola rúa non me crucei con ninguén parecía que a terra  se tragase a toda a xente menos a min, a verdade e que o día non  era o adecuado para ir de paseo pero xusto cando ía entrar na casa saíu tras as nubes o sol acompañado dun fermoso arco da vella. Qué lindo quedou o ceo! Cando fun durmir non parei de pensar nesas cores: amarelo, laranxa ,vermello, verde, azul, morado e  anil.

        Xa e día , son as dez e cinco da mañá. Con preguiza , érgome para ir a cafetería . Póñome as botas e o abrigo porque fora hai bastante frío . Entro na cafetería e Luís sérveme como cada mañá , leite con cacao . Ao acabar , marcho a dar unha volta . O día está un pouco nubrado ,o ceo está escuro e parece que vai chover igual ca onte . Sen darme conta , tropezo cunha pedra e. . .a la vai! Caio nun burato e énchome de lodo,   parece que hoxe non é o meu día . Intento saír do burato , pero doume conta de que non podo e empezo a preocuparme. Fíxome de que o burato conduce a un túnel e empezo a camiñar a través del . Todo está escuro teño moitísimo medo , escóitase o son dos bechos , quero volver a casa! , estou moi asustada! Para colmo volvo a tropezar con algo moi groso coma se fose un libro enorme . Cólloo e noto que ten moito po . O camiño segue pero como teño moito medo , empezo a correr desesperadamente cara a saída . E agora como saio deste burato? , sorte que había unha corda e consigo saír de aló. Boto unha ollada ao obxecto que atopei ,está vello e escrito nunha lingua moi rara ,imaxínome que esta xa  non existe así que vou a unha biblioteca de linguas mortas para averiguar o misterio. Xa na biblioteca aténdeme unha moza que me pregunta moi sorprendida:

 

 

 

-De onde sacaches isto?

Non lle ía a dicir a verdade así que me invento outra cousa.

-En,en...prestoumo un compañeiro.

Estrañada ollea coidadosamente o libro.

Eu pregunteille á moza:

-   ¿Sabes que idioma é este?

A moza contestoume:

 -     Creo que é arameo, un idioma esquecido.

A moza díxome que se quería que mo traducía ao español. Eu por suposto díxenlle que si. Ela pediume que llo deixara alí e que o viñera recoller ao día seguinte pola tarde, sobre as cinco e cuarto.

            Cando ía para a casa encontreime con Xulia e conteille o que me pasara, Xulia díxome se me podía acompañar a recoller o libro, que ela tamén quería saber o misterio. Eu por suposto que non me neguei. Como me ía a negar se era a miña mellor amiga!

    Xulia preguntoulle á súa nai se podía vir a durmir a miña casa. A nai pensouno un chisco pero ao final díxolle que si. Pasamos toda a noite sen pegar ollo e falando do que podía poñer o libro. Meus pais chamáronnos máis dunha vez a atención por falar e non durmir.

       Ao día seguinte levantámonos ás dez en punto da mañá. Fomos a cafetería onde Luís me tiña o cacao preparado, el sabe que o ten que preparar ben quente porque vou estar lendo o xornal. Xulia pediu coma min un cacao e tamén un croissant. Cando rematamos de almorzar despedímonos de Luís e coma sempre díxome adeus cun gran sorriso. Como era sábado e non tiñamos colexio, fomos dar unha volta polo centro comercial para pasar o tempo. Estivemos alí dúas horas, era a unha e media e tiñamos que ir xantar.

        Miña nai fixera lasaña, a miña comida favorita. As cinco en punto marchamos para a biblioteca.Eu tiña como formiguiñas pola barriga so de pensar o que poñería o libro.

            Polo camiño Xulia e máis eu pensabamos sobre o que trataría o libro.

Ó entrar na biblioteca preguntamos pola moza do outro día. A bibliotecaria díxonos que a destinaran  para outro lugar.

Pregunteille se sabía onde a mandaran, ela contestoume:

-Só sei que a mandaron para unha das bibliotecas da provincia, pero non che podo dicir máis.

-Sabes se deixou algo para min? – pregunteille.

A bibliotecaria estivo buscando haber se o atopaba, pero sen resultado algún.

Saímos da biblioteca moi decepcionadas e decidimos indagar un pouco máis sobre ela.

Como non sabiamos a onde dirixirnos Xulia e máis eu decidimos dar unha volta polo parque para pensar que podíamos facer.

De súpeto, vimos a moza que subía nun autobús, corremos tras ela pero non logramos alcanzala. Como levabamos diñeiro collemos un taxi.

-A onde queredes que vos leve?- pregunta o taxista.

-Ti so sigue a ese autobús- dille Xulia.

O autobús parou ó lado do porto, pagámoslle ao taxista e esperamos a que baixara a moza. Non pode ser, equivocámonos de autobús! Xulia e máis eu estabamos moi preocupadas, non só por non encontrar á moza, senón por gastar todo o diñeiro e por estar moi lonxe das nosas casas.

Que sorte! De socato, apareceu o irmán maior de Xulia.

-Podes levarnos para casa, Xosé?- pregúntalle Xulia.

-Cómo non vos ía a levar, veña, vamos ó coche -respondeunos el.

Xosé deixoume na miña casa, e Xulia marchou con el. Ao cabo de media hora, chamoume Xulia:

-Escoita, mañá quedamos ás catro e media, para ir á biblioteca, e preguntar cómo se chama a moza, e onde vive- dime Xulia.

-Si si, mañá ás catro e media ó lado da biblioteca- respondinlle.

Que cansada estou, nai miña! Voume xa para cama, que non podo comigo!

As dez levanteime, ateime os cordóns dos zapatos, e púxenme, como sempre o meu abrigo. Hoxe, non fun á cafetería, vou almorzar na casa.

Miña nai fixo de comer ensalada, que rica estaba!

Ás catro e cuarto baixei a biblioteca que está cerca da miña casa. Esperei un pouco a que chegara Xulia.

        Na biblioteca estaba o libro.

-Ola, xa atopei o libro- díxenlle.

-Pois veña vamos a averiguar que se trae entre mans este libro tan raro...- dime.

            Entón cando xa estabamos dispostas a abrir o libro non nos imaxinabamos o que ía a sucedernos. O libro estaba completamente en branco no había nin unha soa letra  miramos unhas cantas veces o interior do libro pero sen ningunha nova, estaba completamente en branco, non saiamos do noso asombro, era algo incrible! Entón dixen imos a preguntarlle o bibliotecario. El tampouco saía do seu asombro e a primeira vez que lle pasara iso na súa estancia na biblioteca durante os últimos 50 anos que levaba de bibliotecario, entón eu e Xulia preguntámoslle .

-Colleu alguén mais este libro?

      Entón foi ó ordenador é deunos un nome e unha dirección. O seu nome era Ventura da Silva Folgueira. Vivía na rúa  Miguel Cervantes, no edificio Baltar, 2º A. Entón quedamos Xulia e máis eu na biblioteca, nunha hora. Marchei para casa e collín os meus aforros secretos, non eran moito, non chegaban os 10 euros. 

    Cando chegou Xulia, fomos a estación de autobuses e collemos o autobús. Tivemos mala sorte, ao estar cavilando tanto no tema,  pasámonos de parada, e a próxima estaba a cinco quilómetros. Comezamos a camiñar, entrounos fame, encontramos unha cafetería e como tiñamos un presuposto reducido compramos un bocadillo de queixo e xamón cocido, e fomos en dirección a súa casa. Cando chegamos atopamos a unha señora, que nos dixo que el non estaba e que non viría ata pasada media hora. Invitounos a pasar e díxonos que el era escritor viúvo dende fai uns anos e dende entón non paraba de ler, xa que era a súa paixón, despois nos fomos a un parque que estaba preto.

      Ao cabo de vinte minutos vimos entrar a un home no edificio. Despois aínda esperamos uns minutos, xa que non sabiamos se era el e, non fosemos quedar coma unhas parvas. Como vimos que non entraba ninguén fomos a o 2ºA e a señora díxonos que acababa de chegar e deixounos pasar. Polo pasillo vimos moitas esculturas e cadros     dunha señora que seguramente seria a súa muller .

       Cando entramos na habitación vimos que era moi ampla e toda chea de libros, observamos unha mesa na que había un señor cunha bata, que estaba a ler un libro e dixémoslle que era o noso. Díxonos que nolo daría, a pediunos mil e unha desculpas. Cando ían para casa, unha persoa rouboulles o libro, non puideron verlle a cara e o final quedaron sen saber o misterio que escondía o libro.

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.