Conto 10 ilustrado e modificado


 

                                  COMPLEXO DE DEUS

 

 

 Visitamos Nápoles, Roma e unhas pequenas illas gregas. Xa non acordo o nome... ¿Santorini? É que estivemos de cruceiro polo Mediterráneo. As noites en cuberta, e as mañanciñas de piscina ao saír o sol... A primeira parada da viaxe foi Túnez e durante catro días percorremos o norte do país. Eu tiña ganas de ir ao deserto, ao sur, pero non nos daba tempo. O zoco, o zoco impresionoume. Aínda teño o olor das especias e da chicha tatuados na pel e os rostros, milleiros de rostros desfilando rodeados de alfombras, de latón, de coiro, de roupa falsificada, de ouro de escasos quilates por aquel labirinto de regateos, adobe e espellos. Gustoume o contraste de burkas e túnicas coas camisetas escotadas das europeas que se trenzaban no paseo marítimo de Sousse.  

 Pero, con todo, o máis emocionante foi o berro do muecín de madrugada. Alá é grande, Alá é grande. Alá é grande. Alá é o único deus e Mahoma o

seu profeta coreado dende todas as mesquitas da cidade. Como un salaio cuspido sobre un ceo de parabólicas…

 

 A min gustábame escoitalo todas as mañás, xa que era o único divertido que pasaba na cidade. Eu quería pasalo ben, vivir aventuras, pero en ningunha das miñas viaxes encontraba nada que fose o bastante emocionante. Esperaba que desta vez fora diferente .

 

 Un día o profeta achegouse a min, e díxome:

-Marchade desta cidade, esta cidade está maldita, todas as persoas que están aquí máis de 15 días Alá non os deixa saír.- susurroume con voz preocupada.

 

-Alá? Si Alá é un Deus, non lle pode facer mal a ninguén.- díxenlle con tono burlón.

 

-Alá o Deus non, Alá o dono desta cidade. Non deixa que ninguén saia da cidade cando pasa aquí máis de 15 días.

 

-Pero se nós levamos aquí 13 días. E ata dentro dunha semana non nos podemos ir. Non hai ningunha forma de sair da cidade pasados os 15 días?

 

  Non! Ninguén ata agora conseguiu saír despois dos 15 días.

 

-Nós non podemos quedar aquí para sempre, temos familia que espera a nosa chegada.

 

-Pois intentade marchar dalgunha forma aínda que sexa algo imposible.

  

 Despois de estar moito tempo cavilando como saír non se nos ocorreu nada, e o tempo pasounos tan rápido que xa estabamos no último día. Preguntámoslle a aquel extraño como chegaría a nós a maldición e él díxonos que á noite sairíamos andando cara o río poseídos por Alá o deus e xa non poderíamos volver nunca.

 

  Xa chegara a noite e o medo percorría os nosos corpos, de pronto ocorréusenos que si non dormíamos non poderíamos espertar e caer na maldición, e así o fixemos.  Intentámolo e saiu ben, non nos pasara nada; pero entón viu o extraño de novo e quedouse sorprendido.  Díxonos que agora tiñamos que ter coidado, porque cómpre que non nos acheguemos ao río, aínda que grazas a que aguantamos un día máis teríamos outros 15 días para saír.

 

 Durante estas semanas, o tempo pasou moi despacio, e case non podíamos durmir por causa da maldición. Pensamos que sería mellor fuxir da cidade. Non podiamos recoller todas as cousas porque tiñamos pouco tempo, e necesitábamos deixar esas rúas tan preciosas e ese cheiro inconfundible dos mercados que vendían carne e pasteis marroquís. Dábame mágoa esquecer todo, pero era o único que podía facer nesta situación.

  

  Ó día seguinte despedinme das persoas que consideraba máis importantes e fuxín antes de que a maldición me retivera nesta cidade que, no fondo do meu corazón, era o que máis quería.

Encontreime co meu amigo Marcos na saída da cidade.  Dixo que viña a recollerme, e decidimos que sería mellor marchar en barco; mais que aínda que tivesemos problemas coa idade, era máis barato naquela época.

  

  Saímos da cidade sen problemas, que nos pareceu raro, porque pensábamos que Alá iba mandar os seus aliados para impedir que marchasemos da cidade. Collemos o barco que se dirixía a Galicia e descubrimos que no noso camarote había unha notiña enriba dunha das mesiñas de noite ó lado da cama liteira.  Collina e mirei atentamente ás palabras escritas en tinta negra naquel papel amarelento:

 

“Decidistes por fin saír da cidade? Boa decisión, pero non é tan sensata como pensades…”

 

 Non tiña sinatura, nin data e nin sequera nomes. Que estaba a ocorrer? Reflexionei durante un momento intentando ver o que pasaba.  De tanto cavilar o cansazo apoderouse de min de cabeza ós pés.  Deiteime na cama, cubríndome coas mantas azuis e quedei durmido.

 

 Non moitas horas máis tarde espertei cun ruído que parecía vir da música dunha festa, pero entón rompeu un silencio sospeitoso na habitación. Levanteime para ver o que se estaba a facer na proa dende a ventá. Escasos segundos despois o barco freou bruscamente que me lanzou cara a parede do camarote. “Maldita sexa…! Isto é moi raro”, pensei. Abrín a porta e saín en busca de Marcos, tropezando coas paredes. Parecía que había moito vento e as ondas do mar estaban inquietas, pero o silencio seguira en pé.

 

 Cheguei á comporta que daba ó exterior, pero detívome algo que pisaba no chan. Algo que coñecía moi ben.  Era un dos xerseis de Marcos. "Isto é moi raro!!!", volvín  repetir, agora nun ton no que destacaba o nerviosismo.  Axeonlleime e toquei aquilo comprovando que era certo o que pensaba, era o seu xersei. Saín de alí non só correndo senón que berraba o nome do meu compañeiro e amigo.

 

-Marcos, Marcos!- berraba eu sen recibir ningunha resposta.

 

  Cando cheguei ao exterior observei unas extrañas luces que me atraían, eu non quería achegarme a elas pero sen saber porque acabei na boca do lobo.

 

 Eu non sabía o segredo daquelas luces nin entendía moi ben aquilo do xersei, pero todo coincidía. Un deus descoñecido para min chamado Alá, esas luces que parecian un imán có meu corpo, o xersei do meu amigo e el desaparecido. Todo era tremendamente extraño.

 

 Pero entón oín unha voz que non parecía afectada pola humidade e a néboa da noite, unha voz ronca que me dicía: "O futuro xa está escrito non podedes escapar del." Eu volvinme tolo, cavilei e cavilei e non descubrín ningunha razon que non fora a maldición para explicar todos aqueles sucesos. Intentei contestar e pedir a miña explicación daquilo para poder comprender todo un pouco mellor. Pero tan pronto abrín a boca unha voz interrunpiume, máis grave para meterme o medo no corpo, dixo:

 

-A chamada maldción revelarase contra os teus seres máis queridos...

 

 Estremecéuseme todo o corpo. Centos, miles, ata millóns de pensamentos pasábanseme pola cabeza. O que máis lamentaba era que o meu cerebro parecía que perdera a facultade de pensar e actuar. Algo debía facer. Non ía deixar que alguén que se cría co poder suficiente para controlar unha cidade e reter a unha chea de visitantes controlase o meu destino, o meu futuro e fixese desaparecer ó meu amigo. Tentei moverme para comprobar se a tripulación coa que viaxabamos daba algunha mostra de existencia ou intención de axudarme. Non puiden nin pestanexar. As luces ataban a miña vontade, os meus músculos pertencíanlle a elas, que me atravesaban coma agullas.

 

 Volvín chamar a Marcos, esta vez por desesperación e o seu nome convertiuse nun xemido ó saírme da gorxa. A impotencia era o que máis me doía. Ía acabar tan rápido a miña vida? Dunha maneira tan confusa, sibilina e incríble? Dei todo por perdido e seguíao dando mentres a volvía escoitar:

 

-Doe? Intentastes ser máis espelidos ca min, pero xa vedes, teño complexo de deus.

 

 Mandeino calar na miña mente con rabia, aínda que entón caín cun impacto forte, pero non doloroso. Só uns segundos despois dérame conta de que as luces me deixaran caer porque se esvareceran repentinamente e fora a escuridade quen lle tomara o relevo. Agora era ese estrondo mariño de olas enfurecidas o que me facía sorprender.

 

 Mirei cara adiante e vina, era unha luz que me facía sentir calafríos, pero eu seguin para adiante coma senada co xersey de marcos na man. Eu tropezaba contra todo, cheguei ao meu camarote despois de esvarar polas escaleiras, eu gritaba e choraba pero non encontraba solución ningunha.

 

 Pouco despois petan á porta, e eu estaba asustado; pero vexo que e o capitán e me di:

 

-Señor ten pinta de estar cansado porque non durme un pouco que boa falta lle fai - dixome o capitán.

  

-Non, non podo durmir senon o señor Alá votarame unha maldición e poderia acabar morrendo- díxenlle con unha voz de medo.

  

-Pero señor, que é iso dunha maldición? Non existe tal cousa. Seguro que é un embuste que lle meteron - exclamou con cara de asombrado.

-Non! Non é ningunha mentira, todo é real. O señor que viña comigo era o meu amigo Marcos e tamén estaba metido nisto, e o señor que nos acompañaba foi o que mo contou todo - díxenlle moi seguro do que lle estaba a dicir.

  

-Non me diga, este barco esta baixo a maldición do deus Alá?  Pobre home, sintoo moitísimo! Pensei que me estaba a falar dunha lenda de fai moitos séculos... - dixome o capitán, resaltando o ton de ironía.

  

-Dacordo, pero necesito que me faga o favor: se nalgún momento vese ó meu amigo Marcos, dígalle que me espere no meu camarote, que eu agora mesmo marcho en busca do home que nos acompañaba- acabei a conversación.

  

 De alí a un bó tempo tropecei cunha especie de pedra brillante con forma de "A".  Asusteime moítisimo. "Alá?" pensei. Non me dera tempo a pensalo máis. Corrín e corrín, ata que me atopei co señor que contoume aquilo da maldición, e dixenlle que encontrara aquela pedra mentres me marchaba. El díxome aquela pedra axudaríanos a romper o maleficio, e que poderíamos volver ás nosas casas sen correr ningún perigo. Pero que esa pedra tiña que poñerse nunha roca que estaba na costa mar, non moi lonxe donde estabamos, para que o maleficio do Deus desaparecera.

 

 Volvín ó barco e entrei na sala de máquinas.  Falei co capitán.

 

-Señor capitán necesito que pare a dúascentas millas de onde agora mesmo nos atopamos, tamén necesito un equipo de buceo para dous. Necesito que pare para poder romper o maleficio que me ten tan atemorizado. Pasalle algo señor capitan nótoo como se me tibera que decir algo importante.

  

-Aínda segue con esa parvada? Home, está ben. Pararei onde vostede me diga, pero quero que sepa que encontrei a Marcos e dixo que agora mesmo está esperándoo no seu camarote.

  

-Moitas grazas señor capitán débolle unha.

 

  Despois de moito tempo chegamos ao noso destino, nadei ata a roca e depositei a pedra en ela.  Teño que recoñecer que estaba moi asustado pero collín todo o valor posible e conseguino. O maleficio rompeuse e eu e Marcos chegamos sans e salvos á nosa casa.