Conto 1 ilustrado e modificado


 

 

O FUTURO NA MENTE

 

 

 

        Desde a outra banda da xanela, o mar, fermoso e atractivo coma unha nube de algodón, chamaba por min a berros. Dentro da aula ía moitísima calor e non tiña absolutamente ningún interese por escoitar o que a mestra nos estaba a dicir. Unha vez máis, maldicín aos meus pais, que, aínda aprobando todo, me obrigaban a asistir durante todo o verán ás clases de reforzamento e preparación para o seguinte curso. Ademais, cada vez que algún dos meus compañeiros me preguntaba cantas materias suspendera e eu contestaba que ningunha, ninguén me cría. Así que o eu desexaba era zambullirme naquel mar de algodón que se abría fronte aos meus ollos chamando por min.

 

De súpeto, cunha rapidez inusitada, a marea, con aquela auga de algodón azul, comezou a subir, sobrepasando a praia e cubrindo a estrada. A auga, co seu doce sabor salgado, entrou na escola, primeiro por debaixo da porta e logo a través das vellas ventás de madeira. Inesperadamente, sentín como me convertía nun peixe, enorme, que tiña un importante problema: case non sabía nadar e aguantaba moi pouco a respiración, pasados uns minutos dinme conta de que me empezaba a faltar o aire, De súpeto aparecen os bombeiros pola porta dicindonos que desaloxaramos a aula na que nos encontrabamos eu non entendía absolutamente nada do que estaba a ocorrer e de repente oio unhas voces que me din locamente todas a vez:

-¡¡¡Andrea, Andrea!!!

-Andrea por favor  esperta...

Todas as voces dirixíanse a min ¿pero? as voces de algún lado tiveron que sair, de onde quixese que viñeran eu non sabia de onde pero o que si sabía era que estaba moi asustada.

De súpeto as mesmas voces volvéronse a escoitar pero esta vez  non se dirixían a min se non que falaban entre elas.

-¿Andrea estará ben?

-Eu seguía sen saber de onde proviñan esas voces que falaban e falaban sobre min.

De súpeto púxoseme a mente en branco e non sabia que facer pero rapidamente, dun instante a outro parece que espertei coma polas mañás cando a miña nai ía polo meu cuarto dicíndome que espertara que tiña que ir ao colexio, eu sentíame rara, e aínda por riba cando espertei atopeime tirada na mesa da mestra con todos os meus compañeiros, a mestra e maila miña nai bordeándome e facendo un gran circulo ao meu carón. Un dos meus compañeiros exclama moi ledo:

-¡¡¡Que ben, estás viva!!!

E a miña nai que non parecia igual de contenta contesta:

-Pois eu a verdade e que non estou moi leda porque se vamos  estar así sempre non vai haber quen te desperte, teño que levarte ao medico a ver se tes a enfermidade da mosca tze, tze ou que raios che pasa.

Pasados uns dias miña nai levoume ao medico e preguntoulle:

-¿Qué lle pasa a miña filla que cando se durme non esperta?Eu penso que será a enfermidade da mosca tze, tze pero, vostede saberá.

O médico contéstalle sinceramente:

-O que de verdade lle pasa a tua filla é ...

 

      Non  seguiu , calou  durante  uns  minutos  ese  silencio  puxonos  ainda  mais  nerviosos , podia ser calquera  cousa  e  por  fin  miña  nai  rompeu  o  interminable  silencio:

-Pero  doutor  fale  xa! ¿Que  lle  pasa  a  miña  filla?

-O  que  lle  pasa  a  súa  filla  é  a  enfermidade  do  sono  regular.

-¿Pero  en  que  consiste  esa  enfermidade?

-Pois  consiste  en  que  a  súa  filla  nos seus soños  pode  cambiar  os  feitos da  realidade.A  súa  filla  soñou  en  ir  a  praia  no  verán  cos  seus  amigos  e o  colexio  inundouse.

Eu  non  entendía  nada , so  me  dedicaba  a  escoltar  a  prolongada  discusión  que  mantiñan  o  doutor  e  a  miña  nai. Como  podía  ser iso? Estaba  moi  extrañada , cada  palabra  que  pronunciaban  parecíame máis  rara.

Nas  seguintes  noites  non  durmin , estaba  nerviosa  porque  lle  pasara  algo os  meus  familiares  cercanos.Pero  unha  noite  durminme  e  soñei  que iamos  eu  mais  a  miña  amiga , Inés , a  praia.O  dia  seguinte  pasou ,estaba vendo  a  televisión  no  meu  cuarto  cando  sentin  unha  voz  que  viña  da  cociña:

-Andrea  esta  aquí  Inés!¿Queres  ir  con  ela  praia?

Unha  noite  estaba  sola  na  casa  soou  o  telefono , con  moito medo respondin:

-Quen  é? 

-Son a túa tía María.

-Que queres tía?

-Convidarte pasar uns días na miña casa, e que teño moitas ganas de verte.

-Vale. Mañá preguntareille a mama e xa che aviso.

      Esa noite, Andrea, soñou que, mentras estaba de vacacións na casa da súa tía sucedería un terremoto.Nese terremoto a casa da súa ti quedaría totalmente

desfeita. 

 

      A mañá seguinte falou coa súa nai e contoulle a proposta que lle fixera a súa tía pero, tamén, o soño que tibera e decidiron chamar a tía para que saíra da sua casa, collera as súas pertenzas e fora vivir a dela. 

 

    Cando lle dixeron a súa tía o que ía pasar, ela non llo creeu.

María, e verdade que vai suceder iso que di Andrea. Ten a enfermidade do sono regular e todo o que soña convírtese en realidade.

Bueno, enton recollerei as cousas e ireime para a vosa casa.

     O día anterior ao que Andrea había soñado que se produciría o terremoto, nó xornal anunciaron que ocorrería no lugar no que se encontraba a casa da tía. 

 

    Andrea estaba moi contenta porque a súa tía estaba ben. 

 

  A nai volveu ir o médico e comentoulle o que lle pasara co soño do terremoto que resultara ser aquel que saíra no periodico.O medico dixo:

      -Isto é xusto o que eu me temía que iba pasar, temos que buscarlle un remedio ao que lle está a pasar a Andrea senon pode ir a peor.Vou averiguar se está enfermidade ten cura e crucemos os dedos por  que sexa así.

      Nos seguintes días Andrea case non durmia  e se o facía  15 min. Non máis pois tiña medo de ter un sono malo pois sabía que despois de soñalo cumpriríase . Unha noite antes de ir para a cama estivera vendo unha película que era moi alegre; cando foi para a cama como todos os días intentou manterse esperta pero xa levaba varios días sen durmir e o sono venceuna.

        Soñou que lles tocaba a lotería: nove millóns de euros; todos estaban moi contentos xa non terían que volver traballar.Pola mañá nada máis despertar contoullo a nai  e o día seguinte o sono de Andrea fixose realidade.

       O cabo dunha semana a nai de Andrea volveu o medico para saber se a enfermidade de Andrea tiña cura. A cura a enfermidade da súa nena resultou ser: que antes de irse para a cama non podía ver ningunha serie ou película de terror ou medo se non que tiñan que ser de ledicia. Cando llo dixeron a Andrea ela puxose contenta por que así xa non se tería que preoucupar das cansecuencias que podían terunha h. de sono ou máis pero polo outro lado non lle gustou iso de non poder ver pelis de terror; e así Andrea descubreu como dunha mala enfermidade se podían sacar cousas boas.

        Andrea fixo o que lle dixera o médico e veu uns debuxos animados ata que quedou durmida coma unha pataca. Estaba soñando que estaba nunha illa deserta coa súa nai; estaba xogando a pelota, bañándose... cando de repente...

- Andrea, levántate que te esperan os teus amigos para xogar.

-Que dis mamá?-Preguntou Andrea estrañada.

-Que os teus amigos espérante.

 

 

-Pero, eu non tiña que ir a clase?

-Non filla non. Non che acorda que acabaron?

-E que pasa co dos soños, hoxe tiña que ir a xunto ó médico outra vez.

-Que soños? Que médico? Anda vaite xogar cos teus amigos e a partir de mañá non che deixo durmir a sesta, que mira que tonterías sacas -. Contestou a nai. Andrea estaba moi contenta de que o dos soños fora todo un soño dunha sesta, e tal como dixo a súa nai foi xogar cos seus amigos á praia.

Andrea, ao volver da praia, contoulle a súa nai o seu soño. A nai estaba apasionada de todo o que estaba dicindo a súa filla. Despóis, cando se foi durmir, díxolle Andrea a súa nai:

-Sabes mamá? Non hai mellor soño que non ter ningún.

 

     De súpeto oiense unhas voces que dicían:   

 

-¡Chamade o medico,e urxente! 

 

Ela sentiase moi comoda,como si etivera flotando, e esas voces chegabanlle como un eco.Non sabia o que pasaba,pero ela seguia tranquila.

De súpeto nota un gran alboroto,e ponse nerviosa,comeza a moverse dun lado a outro chocando contra unhas “ brandas paredes”.Alguén dixo ao pouco tempo: 

 

-¡Correde,preparade o quirofano! 

 

Ao rato ve unha luz moi intensa,e sentiu o impuslo de querer ir hacia ela..

Cando sacou a cabeza viu uns homes vestidos de branco,que falaban entre eles, e dician: 

 

-¡Benvida ao mundo real Andrea! 

 

Todo o que lle habia ocurrido ainda non pasara.O inundamento da clase,o teremoto na casa da súa tia,o verán na praia cos seus amigos,as visitas ao médico…todo iso era o seu futuro,que comezaba nese mesmo intre.