
O LUNS 20 DE ABRIL teremos a portunidade de coñecer a esta TROPA DE TRAPO que virá a Sanxenxo para
contarnosos contos da hora azul, ademáis de impartir un obradoiro de expresión escrita para todas e todos os participantes desta actividade.
Eles din que veñen cun feixe de historias e viaxes, reciclando mares e soños, miradas e palabras perdidas… todo lle serve para un bo conto, para volver a darlle vida e corazón a momentos olvidados.
AQUÍ QUEDA UNHA MOSTRA DO ESPECTÁCULO DA HORA AZUL.
PARA MÁIS INFORMACIÓN CLIQUEA AQUÍ
E chegou o día que todos esperabamos, o luns 20 de abril xuntámonos na sede da fundación Caixa Galicia e ali poidemos coñecernos, falar, rir, escoitar contos, a música, participar no obradoiro...
Lede o comentario que Rubén colgou no seu blog . Pensades coma el, que isto hai que repetilo?
Velaí unha selección de imaxes que tamén colgamos en Bibliomanía.
Grazas a tod@s por esta mañá soleada: á Fundación por deixarnos disfrutar dun espazo de luxo, ás profesoras dos distintos centros por participar e colaborar na actividade; sen a súa implicación e confianza non sería posible poder levala a término, e moi especialmente aos rapaces de Topa de Trapo, pola súa maxia, a súa voz, polo seu dinamismo e creatividade.
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.