| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

Conto-8

Page history last edited by María DT 14 years, 11 months ago

 

 

 

 

1. A miña cociña é grande, case tan grande coma o resto da casa. Está pensada para cociñar e para reuni-los amigos arredor dunha mesa capaz de acoller a dez persoas. Como as cociñas das casas da aldea. Unha vez ceamos doce: acabouse a cea, tomámo-la sobremesa e o café e o licor café e ninguén se levantou ata a madrugada porque estabamos cómodos debaixo da lúa, coas ventás abertas porque era verán e murmuraban frescura as árbores do patio. No patio hai un par de froiteiras e unha camelia; son poucas pero murmuran moito cando están satisfeitas. Como se fosen un bosque enteiro.

Hoxe, sen esperalo, somos cinco. Podiamos ser dous porque Natacha ía no fisioterapeuta e Roberto tiña moito traballo e Anxo quizais quedase durmido. Podiamos ser sete se Kike non marchase para A Coruña e María non tivese un bolo coa orquestra. Nunca se sabe seguro quen vai vir cear e iso gústame. Tamén me gusta como soan os amigos que veñen á casa por primeira vez. As súas voces óense doces na cociña de teitos altos, mesturándose co recendo da carne asada, coa compota de mazá, co fume dos cigarros

 

 

 

2. ...de fondo óese o murmurar da presentadora do programa “El Diario de...”, xa que a avoa sempre o ve antes da cea, qué manías as súas!

Eu estou aquí fora co meu cadeliño Tobi, que sempre está dentro con todos nós ceando pero hoxe non nos apetecía a ningún dos dous entrar.Aínda que son as sete da tarde xa empeza a escurecer un pouco, e, como non fai moito frío para ser o mes de novembro, estendín unha saba no xardín e estamos aquí os dous tirados, mirando á Lúa e ás estrelas.Miña nai estanos a chamar, xa deben de ser as dez e temos que ir para cama, porque mañán teño colexio.Xa vou! - dixen.Máis che vale vir, mira como puxéchedes a saba. Acababa de lavala! - berrou miña nai.Boh! Pódese volver a lavar.Si xa, vas lavala ti?Tanto non mamá.Cala xa e ven cear, que hoxe preparei ovos con patacas fritas.Vale, xa vou.Cando entrei na cociña dinme de conta de que xa marcharan todos os amigos, mellor, así ceo tranquilo.Ao rematar de cear fun lavar os dentes e a poñer o pixama. Metinme na cama e púxenme a estudar para un exame de Literatura galega que teño.Puff, non me gusta nada a Literatura, pero teño que estudar porque se non meus pais non me deixan tranquilo en todo o nadal.Á mañán seguinte levanteime, ducheime e desayunei un tazó de leite e cereais. Para ir a clase sempre collo a miña bicicleta, pero hoxe non podo porque teño unha roda pinchada. Que rabia teño que ir a andar...

 

 

 

3. Que rabia teño que ir a andar, pero non pasa nada xa que onte chamei o meu amigo Adrián para ir xuntos a escola e como sempre empezou coas suas queixas: que si fai frio pola mañan, que si esta cansado para ir andando, que si chove vamonos mollar...

Adrián é un neno que se queixa moi amiudo e por calquera cousa pero no fondo é un bo rapaz, el ten un ano mais ca min porque o moi vago está repetindo curso, eu sempre lle digo que ten que estudiar mais pero non me fai caso e enfadase conmigo, dime sempre que son un pesado pero eu fago polo seu ben, cousa que el non entende.

Esa mesma mañá cando cheguei a sua casa ainda estaba remoloneando na cama, e tivose que vestir apurado porque chegabamos tarde a escola, cando chegamos a escola xa habia dez minutos que tocara o timbre, e o chegar a clase a profesora preguntounos o porque da tardanza, eu puxenme nervioso xa que non sei mentir, pero Adrián parece que tun un don para as mentiras, sempre ten a excusa axeitada no momento, entonces empezou a contarlle unha historia a profesora...

Aurea López Méndez. Titulo: Cousas de nenos.

 

4. Adrián contoulle que chegaran tarde porque encontraron un can rabioso e abandona do e no seu colar poñia que se chamaba Nurrio.Adiran contoulle que o levaramos para a canceira onde nos nos preguntaron donde o atopamos e demais datos sobre o can.

A profesora creuno todiño,a verdade eque a profesora de galego era un pouco parva porque sempre lle decian todo tipo de mentiras e ela sempre as cre todas.

A profesora dixonos que sentaramos e que nos puxeramos a facer os exercicios que ella mandara facer na clase.A hora trancorreu con normalidade e asi o resto da mañan sen ningun percance en toda a mañan que foi un tanto aburrida porque tiñamos todas as materias aburridas no mesmo dia.

O dia seguinte Adrián non puido ir a clase porque...

 

 

Alberto Fernández González. Título: A escusa parva

 

5. Ó día seguinte Adrián non puido ir a clase porque supostamente lle doía moito a cabeza, pero o certo era que había exame de inglés e non tiña gana ningunha de facelo. Eu dígolle sempre que facendo iso só conseguirá suspender todas as materias, pero a el dálle igual.

O domingo fomos xogar ao fútbol cuns amigos. Pasamos todo o día no campo botando un partido tras outro e ao anoitecer voltamos todos para cadansúa casa moi cansos. Facía moito frío e Adrián non paraba de tusir.

Xa era outra vez luns, a seguir coa rutina de sempre. Fun buscar a Adrián a súa casa. Para a miña sorpresa seguía na cama, qué raro!

-Levántate lacazán que hai que ir ó colexio- díxolle a nai.

-Atópome moi mal; dóeme moito a cabeza.

-Anda, anda, érguete e non lle fagas agardar a Xavier.

Pero el seguía sen moverse da cama. Eu estaba mirando a escena desde o descanso da porta  e fixeime en que Adrián non tiña moi boa cara.

-Señora, está moi colorado, para min que di a verdade.

Logo de tomarlle a temperatura démonos conta de que realmente tiña febre. Despedinme e apurei o paso para non chegar outra vez tarde. A profesora preguntoume que lle ocorrera a Adrián. Expliqueille o acontecido pero...

            Rubén Garrido Prieto. Título: Adrián non mintas

 

6. Expliqueille o acontecido pero, como sempre, pensou que era outra escusa.

Chegaron as vacación de nadal, como saquei boas notas fun de vacións ás Berbudas e levei a Adrián comigo. Cando iamos no avión comezou a moverse bruscamente e partiu en dous!

Nese momento perdín o coñecemento e espertei nunha praia dunha isla deserta. Non vin a ningén, estaba só!

Escoitei uns berros arrepiantes; era o meu colega Adrián, estaba ferido!

Fun correndo na súa procura, como o meu pai é médico e a miña nai enfermeira aprendín moito de primeiros auxilios así que curei ó meu amigo con éxito.

Pero onde estaban os demáis? Non había niguén! Así que fomos a recoñecer o terreo. Era unha illa con vexetación tropical. Pero estabamos sós?

O que fixemos foi ir a unha montaña para ver toda a illa e así saber onde estaba o avión.

Cando o soubeumos, fomos ó lugar do accidente, alí atopamos á miña nai viva, pero non a meu pai! Onde estaba o meu paiciño querido? De súpeto decatámonos de que nesa praia só había unha parte do avión, onde estaba a outra? Despois de moito buscar atopamos a parte desaparecida. Alí estaba o meu pai.

Todos os demais pasaxeiros estaban mortos.

Despois de moitos meses nesa illa, un día no que estabamos na praia pareceunos ver unha persoa nadando. Cando nos demos conta era David Meca nun dos retos. Mirámonos uns para os outros e todos pensamos o mesmo: amarrámonos ás súas pernas e arreando.

Nunhas horas estabamos en Sanxenxo, na praia de Area de Agra.

Pasaran cinco meses, estabamos en maio.

Ó día seguinte fomos á escola. Nada máis entrar, a profesora sorprendida díxonos:

-Que escusa traedes hoxe?

-Adrián, cóntallo ti que a min dáme a risa.

Eva Castro Rodiño. Título: Nunca sabes o que che depara o destino

 

 

.

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.