| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

Conto-7

Page history last edited by María DT 15 years ago

 

 

 

 

1. Cando abrín o caixón da esquerda, comprobei que a miña busca finalizará. Alí, gardadas nun coqueto álbum de tapas dun vermello decolorado, estaban as fotos que amosaban a vida da avoa Rosalía antes de casar. Fotos de familia, cos que debían ser seus pais e irmáns, fotos con grupos; de amigas, e tamén fotos individuais, a maioría retratos dos que antes se chamaban «de estudio». E si, contemplalas supúxome unha conmoción, coma se de repente alguén me trasladase no tempo, me arranxase con outras roupas e outro peiteado e me deixase diante do ollo voraz da cámara.

Foi como verme nun espello, só que o espello reflectía outra vida distinta. Aqueles ollos eran os meus, e tamén a boca, e o óvalo da cara. A expresión podía ser diferente, pero Sebastián tiña razón. Os azares xenéticos fixeran de min unha copia física case exacta da miña avoa Rosalía…   

 

 

 

2. Ninguén  podía decatarse de que collín  aquel  álbum   de  fotos  antigas  da miña avoa, porque a miña nai estaba doída pola súa morte.  Non me deixaba  nin  falar   nin  mirar  fotos dela. 

Eu  tamén  estaba  doída,   pero  todas as miñas penas   llelas contaba  a Sebastián, o mellor amigo dende pequenos.  Sempre confiaba  nel  porque sabía que nunca ía  confesar  os  meus  segredos. Non tiña só un  amigo tamén tiña amigas. Pero con elas non falaba de isto, so falaba de mozos e da escola e pouco máis.    

Isto   fíxome  máis forte. Non impediu que  seguira estudando  na  miña escola coma sempre.

Un luns, ó saír da escola,  a miña nai díxome me que tiña unha mala noticia que contarme:    

-Lucía vas que pasar unha tempada coa tía  Luisa. Ela vaite contar o problema que temos cando chegues  alí. Quédante só tres días. Non o estropees. Quérote moito.

Eu non entendia que problemas temos para que marche da casa. Pero respecto aos meus e acato o que me din. Xa me dirá a miña tía o que pasa.       

Tres días despois...

 

Despedinme de Sebastian  cando  entraba no coche da miña tía…  

 

 

 

3...ela tamén estaba doída, pero simulábao moi ben. Pronto marchamos da vila e deixamos o pobo atrás, non tiñamos moita relación pois non nos viamos a miúdo, porque a miña tía tivérase que ir a vivir a cidade e estaba demasiado lonxe para poder visitala.

Cando chegamos a súa casa, amosouma e levoume o meu cuarto. Díxome que desfixese a maleta e que despois fose ó salón porque tiñamos que falar.

Era unha habitación moi ampla en comparación co resto da casa. Estaba pintada cunhas cores suaves e cuns cadros moi bonitos nas paredes con motivos infantís, era como volver a infancia, como se encerrase aí todos os seus recordos de cando era pequena.

Nada mais chegar o que fixen foi esconder ven o álbum para que nadie o encontrase dentro do gran armario donde estaba algunha roupa da miña tía.

    

A tía estaba na cociña facendo unhas tazas de café. Cando fun ó salón encontreime con un montón de fotos dos avós recén postas, pois non se distinguían marcas delas no po que había debaixo. Senteime no salón e púxenme a miralas fotos, algunhas delas estaban tamén no álbum da aboa, pero aquí había moitas mais pero o curioso era que non había fotos da miña nai…

 

4. De supeto chegou a tía. Non lle deu moita importancia o meu interese por aquelas fotografias.

A miña tía, tería uns trinta e dous anos. Vivía na vila dende sempre, apenas salía de alí. Non parecía unha persoa moi sociable, e polo que eu sabía non tiña mozo e tampoco estaba moi interesada en telo. Ela simplemente dedicaba o seu tempo a manter a horta en condicións e en leer. Non me sentía ben entre ela…Aínda que era a miña tía, non tiñamos moita confianza, e o feito de que ela non poñía moito da sua parte empeoraba a situación.

-¿Canto tempo vou pasar contigo tía Berta?

-Non o sei-dixo coa mirada perdida cara a ventá.

-¿Pero porque estou aquí?-dixen algo alterada ante a súa desposta.

A tía non respondía. Algo malo estaba ocorrendo e eu non me decataba. A tía non lle saía palabra da boca, e os seus ollos comezaban a estar húmidos.

-Se queres podes contarmo noutro momento…cando te encontres mellor-esta vez as miñas palabras soaban nun ton máis baixo e estaban repletas de agarimo e consolación.

A miña tía quedou quieta, coa cabeza gacha e a man esquerda cubrindo os ollos. Sentíame de novo incomoda, non sabia como reaccionar…Así que preferín subir o piso de arriba.

Arriba había como seis portas que daban a diferentes habitacións. Non recordaba moi ben cal era a miña, e decidín abrir algunha ao azar. Entrei nunha habitación no que había un sillón cara unha ventá moi luminosa, unha comóda e unha maquina de coser. A miña vista fixouse nunha caixiña de musical. Abrina con coidado, e na mentres que o seu son acariciabame, abrín unha carta que permanecía intacta no seu interior.

“ Querida Carme:

Quero volver ver a nosa filla. A tua irmá contoume todo o que está a suceder…Non quero que a miña filla viva nesas condicións, é máis, prometinme a min mesmo que non permitiría que ese animal co que estás casada volva a poñervos unha man enrriba a ti e mais a miña rapariga. Rogoche que non sexas cobarde, vinde as dúas conmigo…

Con moito amor…

Luis.”

Por voltas e voltas que lle daba non o entendía. ¡A miña nai non era filla do avó Manuel como eu sempre penséis! ¿Qué era todo isto?

 

 

 

5. Tumbeime no sillón, mirando cara aquela fermosa e amplia ventá. Pouco a pouco, asmiñas pálpebras rebosantes de cansanzo, íanse pechando.

        Na miña cabeza aparecían imaxes, que tiñan moito que ver co contido daquela carta. Vía distintas caras. Caras de persoas que, estaba segura de que non as vira nunca, pero que extrañamente me tiñan un aire familiar. O que máis me chamou a atención dese sono, foi a invisible presenza dun home. Invisoble, porque o único que del había na miña cabeza, era a súa voz. Non paraba de repetir:

“ Que non te poña a man enrriba”.

Inquietábame moito todo aquilo; eu revolvíame no sillón entre bágoas e escalafríos ...

        Esperteime. Senteime no chan, pegada ó sillón; e empecéi a chorar. Chorei polo medo que tiña daquel home, que nos meus soños dicía …

“ A man enrriba …” 

 

 

 

6. Non estaba moi segura de quen era ese home, pero sabía que tiña relación coa casa da tía Berta, ou polo menos é o que me dicía o meu corazón.

Abrín o caixón que estaba cheo de fotos e recordos, ningunha cara me resultaba coñecida, entón no fondo vin un álbum, en canto o collín, unha foto caeu do medio, eran dous mozos moi guapos, fixéime e por detrás poñía: “Luis e Carmen , o noso amor durará por sempre”.

Preguntábame porque tiña a tía Berta esa foto, e esa carta, penséis que ela tiña algo que ver en todo o que estaba a pasar, e que a morte da avoa fixo que todo saíse á luz, volvín sentarme no sillón, estaba vendo unhas fotos do álbum que asemellaban as da miña casa, estaba toda tranquila, os minutos pasaban voando, como se as horas se foran en segundos, estaba tan concentrada nas fotos que non me din conta de que a tía Berta entrara na habitación e levaba un bo anaco mirándome.:

-Lucía vai para a cama que xa é tarde.

Saín da habitación e fun directa ao meu cuarto. Non podía durmir, intentaba averiguar porque estaba alí, o que pasara, as fotos. Todo me resultaba un tanto extrano e tamén estaba o home do meu soño, o que dicía “que non che poña a man enriba”, por mais voltas que lle daba non entendía o que tiña en común, ao final quedei dormida.

Ao día seguinte ao levantarme fun cuidadosamente ao salón, alí estaba a tía Berta, sotiña n aman uns papeis, pero non alcanzaba a ver, e se o preguntaba non mo ía decir.¿Que serían aqueles papeis?, quería velos, así que cando ela marchara ao traballo ía ver o que era e averiguar dunha vez por todas o que estaba a pasar.

 

 

7.  Cando a tía marchou volvín ao salón pero os extraños papeis xa non estaban.

O día transcurriu rápidamente, aínda que moi aburrido.

Esperei a que a tía se fora para a cama, quería investigar sobre aquel home do meu soño. Collín os dous álbums, os dous da mesma cor e forma e aos dous lles faltaba unha foto. Tamén tiñan en común que os dous estaban relacionados coa avoa.

Ao día seguinte seguín investigando, en case todas as fotos saían as mesmas persoas. Cando chegou a tía do traballo, chamoume.

-Lucía ven aquí, teño que che contar algo.

O primeiro que pensei era queme ía dicir o porqué de todo isto. .

-Xa vou, tía – Contestei a súa orde.

Cando cheguei ao salón a tía estaba sentada no sofá abrazando con todas as súas forzas unha foto cun marco marrón.

- Ven Lucía, senta que quero falar contigo.

Eu obedecín.

-          A túa nai díxoche que eu che explicaría o porqué estás aquí, pero sospeito que xa sabes algo.

-          Eu creo que sí.- Respondín.

-           Por qué cres ti?

-          Pola morte da avoa.

-           En parte sí e en parte non, a realidade é que a túa nai non é filla do avó, senón dun señor chamado Luis.

-          ¡Sabiao! – Exclamei, ao mesmo tempo que tapaba a boca coa man.

-          ¿Por qué o sabías?

-          Por unha carta que atopei nunha caixiña de música, que dicía que o avó

lle poñía a man encima a mamá e a avoa e que estaba firmada por Luís.

 

Ao mesmo tempo que lle contaba á tía o que poñía a carta estaba dandome conta de todo o que acontecera. Xa sabía quen era o home do meu soño, claro era o pai da miña tía o que eu pensaba que era meu avó, porque ese home batialle a miña avoa e a miña nai, por eso eu tiña ese soño no que se repetía a frase: “que non che poña a man enriba”.

Abracei moi forte a tía, e as dúa nos puxemos a chorar.

Agora precisaba falar coa miña nai, tiña que convencela para buscar ao meu avó Luís, que era o seu pai verdadeiro.

Sentiame triste e a mesmo tempo feliz por descubrir o segredo da avoa.

 

 

 

 

 

 

Títulos propostos para o conto:

 

  1.  A morte da avoa. Proposta de Brandon
  2.  O segredo da familia. Proposta de Carlos.
  3. Vento que leva ás cinzas. Proposta de Ana
  4. Aquel home. Proposta de Marta.

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.