| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

Conto 4 ilustrado e modificado

Page history last edited by 1braquel 14 years, 10 months ago

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A froitería das uvas noxentas.

 

 

 

 

     Hoxe coñecín unha moza coreana, un diminuto ser translúcido só branco e só negro se a miro de fronte. Cando a miro de esguello é, sen embargo, dun delicado azul case transparente. É pequeniña, delgadísima e chámase Kwon. Estaba sentada xa no bus cando eu cheguei e tiña dúas bolsas de plástico dunha froitería ocupando o meu asento. As bolsas estaban acuguladas de uvas.

Son uvas. Gústanme, sempre como uvas.

E contoume que as almorza, as come, as cea. Cómeas frescas, asadas, cocidas, en zume e conxélaas. Cómeas con pan e con arroz, mastígaas con té e bébeas con auga. Espétalles as unllas e bota horas sacándolles a pel e as pebidas. Destrípaas, esmágaas, esprémeas, esténdeas no prato e pensa sobre elas. Gústanlle vermellas de sangue de porco e brancas de sangue de papoula. Gústanlle tinxidas de azul sulfato e descoloridas ata o rosa anémico. Sen embargo, nunca bebeu viño.

 

 

 

 

Tamén me contou que viñera da Coruña onde vivira durante cinco anos cos seus pais e irmáns e que tiña moitas ganas de coñecer o pobo.

Eu estaba abraiado con aquela rapaza tan especial, que sen coñecerme de nada, contábame tantas cousas da sua vida; e sentinme na obriga de contarlle algo da miña.

                       -Eu chámome Xián e sempre vivín aquí cos meus avós. Gustame moito ler, xogar a buxaina e facer debuxos con carbonciño.

                       Seguimos falando e como estabamos tan a gusto, non nos decatamos de que xa chegaramos a estación. Entón o conductor dixo:

-¡Rapaces, a viaxe rematou!

                       Axudeille a baixar as bolsas da froitería e pregunteile cara onde iba. Kwon non sabía o nome da rúa onde vivía, pero díxome:

                       -A miña casa está preto do porto, ao lado dunha froitería que ten unhas uvas noxentas, por iso eu as compro noutra tenda.

 

 

                       Pronto me decatei do sitio e ofrecinme a acompañala, pois aínda era cedo e a tarde estaba resultando moi agradable e sobre todo moi diferente as outras. Polo camiño atopámonos cunha cadeliña, que polo seu aspecto, parecía abandoada; estaba asustada, sucia e moi delgadiña. Kwon deulle unha uva pero esta uliscouna e mirouna con mala cara; estaba claro que non lle gustaban as uvas, Kwon non entendía como non lle podían  gustar. Eu decidín metela na mochila e levarlla ao avó, que de xoven fora veterinario. A cadela xa estaba máis tranquila e buscamos algunha tenda para comprarlle algo de comer, pero  pecharan porque xa empezara a anoitecer. Kwon dixome que era moi tarde para ela  e que tiña que estar na casa antes de que se fixera de noite. Entón quedamos para o dia seguinte diante da froitería das uvas noxentas, as catro e media da tarde.

 

                       Dirixinme a miña casa coa cadela pensando na amiga nova que fixera e no distinta que era as demás rapazas que eu coñecia: as do instituto, as miñas curmás, as miñas veciñas...

                       Ao chegar a casa os avos non estaban e atopei unha nota na cociña que dicia: “Estamos na casa da tía Xoaquina, cando chegues chámanos.”

Prepareille unha camiña a cadela e chamei por teléfono a casa da tía.

                       Os avós dixeron que non volverían ata ben pasadas as 2 da mañá. Así que comprei un  paquete de flocos de millo, alquilei unha película e tumbeime no sofá tapado cunha manta de cores, moi suave, por certo.

 

Pasei toda a noite pensando en Kwon e na nosa cita, polo que case non durmín, escoitei chegar os avós e fíxenme o durmido. O día seguinte levanteime temprano, case ao amencer. Dinme unha ducha fría e rápida e baixei a desaiunar vestido cos vaqueiros novos e a camisa dos domingos.

A avoa sorría e preguntoume se hoxe tiña pensado salir eu  afirmei coa cabeza e o meu avó sorriu tamén. Despois desta curta conversación, fun a miña habitación, estiven polo menos una hora mirándome ao espello e adecentándome: peiteeime, botei gomina, puxen o pircing prateado, o que uso nas festas...

Xa era a hora de comer eu era un saco cheo de nervos, quedaramos as cinco e media polo que despois de comer aquela platada de spaghettis con salsa de tomate púxenme a ler, un daqueles libros gordos que o avó lía continuamente un de tantos os que tiña na súa tremenda bibloteca.

Por fin, chagara a hora eran as cinco e quarto, subín a moto mireime por última vez no espello retrovisor, coloquei ben as solapas da camisa e arranquei. Ao chegar a froitería tiven que esperar un anaco. Aquel anaco fíxoseme eterno, sabía que solo pasaran dous minutos pero parecían horas.

Cando xa me empezaba a desesperar, vin que Kwon acababa de chegar, estaba máis guapa do que recordaba. Cun vestido azulón case tan fermoso coma ela, unhas sandalias prateadas que deixaban os seus pés ao descuberto e un lazo tamén azul nos seus cabelos.

Subiu a moto a modiño e eu derretinme por dentro.Díxenlle o guapa que estaba, que o azul lle quedaba moi ben  e pregunteille:

-A donde desexa ir esta fermosa rapaza?

Kwon díxome que lle apetecía facer unha longa viaxe en moto sen ningún destino concreto , así que puxémolos cascos e emprendemos a nosa aventura sen saber o que nos ía a deparar o día .O único que desexabamos era estar xuntos , sentir o latexar do vento nas nosas meixelas e disfrutalo ó máximo .

 

Levabamos percorridos máis de trinta quilómetros cando decidimos facer unha pequena parada. Botamos unha ollada ao noso redor e descubrimos un fermoso val , que a pesar de estar moi ben coidado parecía deshabitado.

Adentrámonos na espesura do monte e descubrimos árbores centenarias  de diferentes especies , ateigadas de coloradas e suculentas mazás, que con só miralos facíasenos a boca auga , pero non nos atrevemos a probalos , e non precisamente por falta de ganas.

Seguimos camiñando e atopámonos cun caudaloso río que nos cortaba o camiño , cuxo único paso ó outro extremo era unha vella ponte de madeira en estado ruinoso .Mirámonos  con cara de preocupación e preguntámonos: “¿cruzámola  ponte?”

Non estabamos moi seguros, pois a ponte parecía vella e que caería en calquer momento, pero Kwon dixo:

-Crucemos, quero ver o que hai máis ala da ponte, máis ala do val, o que hai no corazón do monte.

Ao final, cruzamos, Kwon pasou a primeira parecía moi segura, cando eu fun cruzar a ponte empezou a tanvalearse non sabía que facer se volver atrás ou seguir a diante, entón corrín ata onde estaba Kwon, estaba sana e salva, non caera, conseguíramolo.

Empezamos a adentrarnos sen rumbo fixo, o sol quentaba o aire, pero naquel lugar había un aire refrescante que facía que non tivésemos que soportar aquela calor. Seguimos o camiño e ao chegar ao medio do monte atopamos un pequeno riachuelo que baixaba veloz, cheo de flores prcedentes das árbores, que no alto do monte, se movían ao son do vento, aquel lugar era fermoso, miraras onde miraras todo era precioso, as  pequenas flores que había facía que ese lugar se enchera dun aroma que facía que te sinteras namorado. O chan era verde, un verde moi vivo, e non crecía bruscamente era como nun conto, só que isto era a realidade. Cando mirei para Kwon sentín algo moi especial, estaba moi guapa e ese lugar facía que aínda o estivese máis. Sentámonos no chan mirando cara ao ceo, só se escoitaba o son dos paxaros piar, e o son do riachuelo, que nese momento baixaba máis calmo. As nubes eran brancas como a neve, brancas como o algodón tan brancas que facían que te sentiras libre cando as mirabas, que formaban  formas de ensoño, parecía que se agrupaban e montaba as formas nas que estabas pensando, e que nunca imaxinarias que se fixese realidade, pero xusto naquel momento o ceo cubriuse dunha gran mancha gris, e comezou a chover, ao principio só eran catro pingas pero a medida que as nubes negras cubrían todo o ceo  a chuvia era máis forte, saímos correnda na procura da ponte, escoitábanse tronos como golpes secos e que soaban moi preto de nós, entón Kwon gritou:

- ¡Alí está, vamos xa estamos chegando!

Cruzamos a ponte con coidado para non nos caer, xa estabamos preto da carretera, pasamos rapidamente polo lugar que antes nos facia a boca auga e que agora non nos daba máis que medo. Non paramos  ata chegar ao lugar onde estaba a moto, ou máis ben onde debería estar a moto, pois xa non era así... esa tarde  chea de amor, felicidade, liberdade e sentimento convertérase nun pesadelo horrible do que non podíamos espertar.

Kwon divisou unha cabaña ao horizonte, e díxome:

- Temos que ir hacia esa cabaña.

Aínda que estaba bastante lonxe , conseguimos chegar , e , alí había unha habitación con dúas camas xemelgas , unha cociña , un baño e un salón.

O máis raro e que non había ninguén , e eu , comenteille a miña amiga:

-  ¿Non che parece un pouco raro que non viva ninguén nesta casa tan bonita?

- Non , esta casa era da miña tataravoa  e ela deixouma a min. -explicoume ela.

Despois daquela conversación, decidimos pasar a noite alí.

A mañá seguinte collemos comida, e volvemos a onde estaba a moto... ¡milagro! a moto estaba alí aparcada e , por sorte quedáballe gasolina.

Volvemos a nosa casa e contámosllo todo as  nosas familias. Llogo, fumos dar un paseo polo parque e Kwon asentiu cando lle preguntei:

-¿Queres ser a miña noiva?

 

 

 

 

 

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.