| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

Conto 11 ilustrado e modificado

Page history last edited by María DT 14 years, 9 months ago

 

RÉVÉRENCE

 

 

 

Hoxe quedei soa. Nancy marchou para a súa casa nova e eu volvín colocar a mesa e o ordenador no cuarto das ventás grandes, no mesmo lugar onde estaba antes de chegar Raquel en outubro. Volvo mirar o ceo cando escribo e vexo pasar os bulebules e os morcegos mentres me espreguizo na cadeira e até volvo escoitar a música da velliña do patio.

¡Como pasa o tempo!, pensei pola tarde cando recolocaba as miñas cousas nos armarios e nos andeis, baleiros de Nancy e de Raquel. Armarios de grandes bocas, andeis de grandes brazos. Enchinnos de libros, de roupa, de papeis, de zapatos. Gústanme os zapatóns de plataformas altas, macizos, que me duran anos. E as botas de cores: téñoas rosas, verdes, vermellas, negras, granates e brancas. Teño unhas botas brancas que hoxe atopei agochadas e avergoñadas nunha caixa de cartón. Levan comigo alomenos dez anos e superaron varias restauracións e moitos bailes nas madrugadas de Santiago, de Vigo e de Vilagarcía. Acabaron nunha caixa porque un día, á primeira hora da mañá, achegóuseme un guapo mozo e díxome que lle gustaba verme bailar. E eu, que pensaba que ninguén reparaba en ninguén a esas horas da noite...

 

 

Estaba a agardar pola miña nai porque me dixera que me viña a buscar para levarme con meu pai, meus pais están separados.

Cando tiña 5 anos e iba a unha escola privada meu pai víñame buscar todos os días ao rematar as clases porque miña nai tiña que traballar ata tarde no hospital. É doctora e tamén está a facer investigacións dunha nova enfermidade que se descubriu fai uns anos. Meu pai traballaba nun acuario coidando e alimentando a todos os animais. Gustáballe moito o seu traballo pero o seu xefe era moi extricto e non o deixaba tranquilo. A consecuencia foi que meu pai comezou a beber.

Un día cando apareceu no colexio para levarme a casa, viña borracho, eu a verdade e que non me din moito de conta porque era moi pequena e non me fixaba nesas cousas. Pero o caso e que non se fixou no semáforo que estaba en vermello e un camión arroiounos pola ladeira abaixo. Meu pai só se lastimou un pouco na perna, pero eu levei un forte golpe na cabeza e quedei en coma… 

 

 

Non recordo exactamente o que pasou despois porque desperteime no hospital case un mes máis tarde. O único que sei e que ó despertar, meus pais pelexaron e miña nai pediulle o divorcio porque non quería que pola sua culpa me pudiera pasar algo grave, pola súa falta de conciencia.

Meu pai non se quería divociar pois tíñame que ter ao seu lado. Miña nai comprendeuno, pero aínda así non quería que me pasara nada malo. Iso non son máis que malos recordos que quero olvidar.

Pero ao que volvía, achegóuseme un mozo moi guapo e decidín ir tomar algo con él e así poder falar tranquilamente nun lugar afastado.

Díxome que se chamaba Ricardo e que vivía preto da miña cidade. Faloume que un día viume bailar, que o facía moi ben e que lle gustaría botar un tango ou un vals  conmigo…

  

 

Quedamos no parque, estiven un bo intre esperando por el, pero por fin chegou. Mirei para el cun sorriso na miña cara, era perfecto. Decidín darlle unha sorpresa levándoo a unha antigüa escola de ballet á que fora cando era pequena. Alí estaban algúns dos profesores que me impartían clases. Pedinlles se nos podían poñer música para bailar e ensinarlle a Ricardo todo o que sabía.

           Pasámolo moi ben esa tarde, decidimos quedar outro día máis, pero ao día seguinte estíven esperando bastante tempo en fronte da fonte e Ricardo non apareceu…

 

 

Eu ficaba alí, soa, naquel parque fantasma. Miraba cara o ceo. Parecía que Gaudí despertara do seu intenso descanso, e comezara a esculpir nas nubes. Golpe tras golpe, formando un mundo máxico flotante de algodón. Miraba o ceo, e miraba aquel castelo ó que Ricardo me viñera rescatar, coma unha princesa en perigo, atrapada por un feitizo que só se rompería cun bico verdadeiro. Ó final do meu conto, Ricardo, despois de me recitar un poema de amor maravilloso coa súa voz de mel, bicábame apaixoadamente, como se aquela fora a última vez, e así me salvaba.

Realmente me estaba a pasar, e imaxinando o sol foise ocultando paulatinamente. Cando me decatei, o horizonte xa o comera. Tivo que saír Venus para que me dera conta de que  era hora de ir para casa.

Non sei cómo explicar a dor que sentía. Alí, tirada na cama, sen cear.

-So a súa voz… Unha vez máis…

 Tiña a sensación de ter plomo no interior do corpo, e de que as miñas entrañas escocían.

-Oílo unha vez máis pronunciar o meu nome. Por favor…

Comezábame a doer realmente o cerebro. Morrendo da dor.  Alí, retorcéndome sobre min mesma, ata que meu pai petou na porta para pasar e non se me ocorreu outra cousa que facerme a durmida. Entrou paseniño, case sen ser oído.  Él abriu o armario, e rescatou da tormenta de botas unha manta ben gordiña. Púxoma enriba, bicoume a fronte. Non se apartou, sentía o seu alento na miña meixela.

Susurrou:

-Perdoa meu anxo. 

De súpeto sentín algo húmido e frío nela; unha lágrima. Papá estaba chorando.

A mañá seguinte despertoume o teléfono. Adormiñada e descalza, descolgueino:

-¿Diga?

-¿Clara?

A súa voz envolveume. Estaba na gloria, flotaba naquel corredoiro que aínda cheiraba á miña suor da noite e a mañá. A súa voz melodiosa, mel, unha droga. Tiña pura adicción a ela.

Costume reaccionar.

-¿Clara? ¿Estás ahí?

-S-s-i. Si. Si, estou aquí. Si, estou aquí, Ricardo.

 

 

Pasaran algunhas horas dende aquela esperada conversa. Tremíame o corpo. Eu, unha moza incomprendida, esperaba a chegada daquela hora. Meu pai, tan dicharacheiro coma sempre, notou a miña intranquilidade rapidamente.

   -Nena! Que che pasa? Seica quedaches co mozo?

   Sabía que esta era a primeira pregunta dun intenso interrogatorio.

   -Non, tranquilo, só quedei cunha amiga.

   -Así dicía eu...

   -Xa, pero é que de ti non se pode un fiar. Sen embargo, en min, si que se pode facer.

   -E logo, quen é ese tal Ricardo?

   -Un rapaz que coñecín fai pouco...

   -Si? E por que non mo presentas?

   -Non, de momento non, que case non o coñezo.

   -Entendo, seguro que é un deses que hai agora...

    Erguinme da mesa e, sin dicir máis nada, recollín o prato e depositei un cálido bico na meixela de papá. Estaba segura de que con iso se daba por satisfeito.

    Axiña cheguei ó punto de encontro. Era un parque moi grande que había no norte da cidade, lonxe da algarabía urbana. Esta vez, non tiven que esperar, pois o mozo de ollar azul intenso estaba alí, sentado fronte miña. Non sabía de que falarlle e, pola contra, a miña habitual vergoña había tempo que desaparecera...

 

 

-Ola Ricardo..

-Ola Clara! sinto moito o que ocorreu onte, non puiden ir porque morreume un familiar.

Sentín pena por él. Eu sei o que se sinte cando perdes a un ser querido, comprendino. 

-Sintoo. -dixenlle con cara de lástima-

-A verdade é que a min non me gusta estar triste, pero non podo evitalo.

-Non pasa nada. –Mirábao triste, case se lle escorregaba unha lágrima na cara, dábanme ganas de bicalo, pero non era o momento.

-Clara, a verdade e que tiña que dicirche algo moi serio, pero co que ocorreu non tiven máis tempo de pensar que dicir, mira ti es unha moza encantadora e o certo é que sinto algo, non sei que pensas ti.

 Non podía crer o que oía, eu sentía exactamente o mesmo. Sentía que o corazón iva a mil por hora. Él era un rapaz carismático, alegre e boa persoa. Nunca me pararía a pensar que alguén coma él se fose fixar en min.

 -Gústasme e moito, sei que case non nos coñecemos, pero cando falo contigo sinto que me comprendes, e non me pasa isto con todas as persoas.

Quedei embobada mirandoo, non sabía que dicir. Pero aquel silencio viuse interrompido polo sonido do seu móbil.

Víaselle cara de preocupación. Rapidamente colleu as súas cousas.

-Teñome que ir, agora non cho podo contar, chamareite en canto poda. Síntoo.

 Deume un bico na meixela e marchou apurado. Quedei de pedra, sentada, comecei a poñerme encarnada coma un tomate, pensando.

 

Ao día seguinte, chamoume, como dixo que iva a facer. Ao mirar o seu número collín apuradamente. Estaba convencida de que eu gustáballe, e a min él tamén. Dábame medo equivocarme, pero eu queríao.

Cando collín o telefono, pediume perdón por irse de aquela maneira sen explicar nada, quería quedar para explicarme todo.

Quedamos onde sempre, no parque, diante da fonte. Cando chegou tiña un pano na man, díxome qe me ía vendar os ollos. A onde me ía levar?. Era unha sorpresa.

Tardamos unha media hora en chegar, estaba moi nerviosa. Baixamos do coche. Estaba lista para saber o que me agardaba. Arrimouse a min por detras, sentía rozar as súas mans, como pouco a pouco quitaba o pano dos meus ollos.

Era un teatro, a función de ballet que tanto ansiaba ver.

Ao acabar sabía que era él, esa persoa coa que queres pasar o resto dos teus días.

E así envellecemos xuntos.

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.